Anthony Yeboah
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Anthony Yeboah | ||
| Nacemento | 6 de xuño de 1966 | ||
| Lugar | Kumasi, Ghana, | ||
| Altura | 1.80 m | ||
| Posición | dianteiro | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1981–1983 | Asante Kotoko | ||
| 1983–1985 | Cornerstones Kumasi | ||
| 1986–1987 | Okwawu United | ||
| 1988–1990 | 1. FC Saarbrücken | 65 | (26) |
| 1990–1995 | Eintracht Frankfurt | 123 | (68) |
| 1995 | → Leeds United | 18 | (12) |
| 1995–1997 | Leeds United | 47 | (24) |
| 1997–2001 | Hamburger SV | 100 | (28) |
| 2001–2003 | Al-Ittihad Doha | 30 | (11) |
| Selección nacional | |||
| 1985–1997 | Ghana | 59 | (29) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Anthony "Tony" Yeboah, nado en Kumasi o 6 de xuño de 1966, é un antigo xogador profesional de fútbol ghanés que xogou como dianteiro de 1981 a 2003.
Traxectoria [editar]
A súa carreira transcorreu entre 1988 e 2001 en clubs europeos: 1. FC Saarbrücken, Eintracht Frankfurt, Leeds United e Hamburger SV. Tamén xogou no Asante Kotoko, Cornerstones Kumasi, Okwawu United e Al-Ittihad Doha e foi seleccionado 59 veces pola selección nacional de Ghana, marcando 29 goles. Tras a súa retirada da competición leva unha axencia deportiva internacional e unha cadea de hoteis en Ghana.