Atresmedia Televisión
Coordenadas: 40°33′18″N 3°37′05″W / 40.555°N 3.618°W Atresmedia Televisión (anteriormete Antena 3 de Televisión) é unha das seis empresas concesionarias da televisión terrestre española, que opera sete canles de cobertura nacional, Antena 3, laSexta, Neox, Nova, Nitro, Xplora e laSexta3, así como o sinal en alta definición das dúas cadeas principais, Antena 3 HD e laSexta HD. Ademais opera a cadea autonómica das Illas Canarias Antena 3 Canarias e a canle internacional Antena 3 Internacional.
Atresmedia Televisión forma parte de Atresmedia, xunto con empresas como Uniprex (Onda Cero, Europa FM, Ver-T), Movierecord ou Unipublic. Ademais está asociada a R.T.I. Televisión en Colombia para o seu novo cambio de programadora a canle privada no 2009.
O 6 de marzo de 2013 o Grupo Antena 3 pasou a denominarse Atresmedia, e con iso Antena 3 de Televisión fíxoo cambiando a Atresmedia Televisión.[1][2]
Índice |
Cadeas [editar]
- Antena 3.
- laSexta.
- Neox.
- Nova.
- Nitro.
- laSexta3.
- Xplora.
- Antena 3 HD.
- laSexta HD.
- Antena 3 Canarias, filial: Antena 3 TDT Canarias.
- Antena 3 Internacional, cadea internacional distribuída en América Latina.