Antón García Abril

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAntón García Abril
Biografía
Nacemento19 de maio de 1933 Editar o valor em Wikidata
Teruel, España Editar o valor em Wikidata
Morte17 de marzo de 2021 Editar o valor em Wikidata (87 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónReal Conservatorio Superior de Música de Madrid
Accademia Musicale Chigiana Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoBanda sonora (pt) Traducir, Ópera, Música de cámara, symphonic music (en) Traducir, ballet (en) Traducir, Cantata, Concerto, canción, obra/composición musical e peza musical Editar o valor em Wikidata
Ocupacióncatedrático (1974–2003), compositor , compositor de bandas sonoras Editar o valor em Wikidata
EmpregadorReal Conservatorio Superior de Música de Madrid (1974–2003) Editar o valor em Wikidata
Membro de
ProfesoresJulio Gómez García (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
AlumnosJesús Bola (en) Traducir, Juan Medina e Alicia Diaz de la Fuente (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
InstrumentoPiano Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
FillosAntón García-Abril Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0006094 Dialnet: 139016 Spotify: 3tl4YOlUYoaGAVso9KJHaJ iTunes: 212615251 Musicbrainz: 256f51dc-ec6d-4280-8fba-8f4c973399e6 Discogs: 467259 Allmusic: mn0001878891 Editar o valor em Wikidata

Antón García Abril, nado en Teruel (Aragón) o 19 de maio de 1933 e finado en Madrid o 17 de marzo de 2021,[1] foi un compositor español. Foi pai do arquitecto Antón García-Abril.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1974 gañou por oposición a cátedra[1] de Composición e Formas Musicais do Real Conservatorio Superior de Música de Madrid[2] na que estivo até 2003. En 1982 foi elixido membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando de Madrid, e en 2008 foi nomeado membro da Real Academia de Belas Artes de San Carlos de Valencia. Foi tamén presidente de honra da Real Academia de Nobles y Bellas Artes de San Luis. Obtivo o Premio Nacional de Música de España e en 2006 recibiu o VII Premio Iberoamericano de la Música Tomás Luis de Victoria, considerado o equivalente ao Cervantes da música clásica.

Obra[editar | editar a fonte]

A súa obra obra sinfónica é moi extensa e abrangue a maioría das formas musicais: ópera, obras para orquestra, cantatas, concertos, (para violín, piano, guitarra, violonchelo, frauta, dous pianos e dúas guitarras) e música de cámara, destacando nesta última os seus numerosos ciclos de cancións inspirados en poetas españois. Cómpre destacar tamén a súa faceta como autor de música para o cine e a televisión como El hombre y la tierra, de Félix Rodríguez de la Fuente, e Los Camioneros, Fortunata y Jacinta, Anillos de oro, Segunda enseñanza, Brigada Central, Ramón y Cajal, La ciudad no es para mí, Compuesta y sin novio e Requiem por Granada.

En 1966 realizou a banda sonora da película Texas, Adiós, un spaghetti western protagonizado por Franco Nero. Tamén, en 1969, traballou xunto ao cineasta madrileño Rafael Romero Marchent na banda sonora da película Manos torpes, outro spaghetti western.

Dentro da música para voz e piano destacan as súas cancións levadas ao disco de xeito maxistral por Ainhoa Arteta.

Compuxo o Himno de Aragón por encarga das Cortes de Aragón, que acadou a oficialidade en 1989.

A súa obra concertística, de carácter eminentemente sinfónico, pretende continuar a tradición nacionalista española cos adiantos vangardistas do momento. Malia todo, nos derradeiros anos a música de García Abril parece tender máis ao nacionalismo que á vangarda. Considérase un estudoso e admirador da melodía, que adoita adobiar con frecuentes cambios de ritmo e unha orquestración xeralmente explosiva.

Selección de composiciónds[editar | editar a fonte]

  • Doce canciones sobre texto de Rafael Alberti (para voz e orquestra, 1969).
  • Hemeroscopium (para orquestra, 1972).
  • Concierto Aguediano (para guitarra amplificada e orquestra, 1976).
  • Concierto Mudéjar (para guitarra e orquestra de cordas, 1986).
  • Vademecum (colección de 12 pezas para guitarra, 1987).
  • Divinas palabras (ópera, 1992).
  • Concierto para piano y orquesta (1994).
  • Nocturnos de la Antequeruela (para piano e orquestra, 1996).
  • Concierto de las tierras altas (para violonchelo e orquestra, 1999).
  • Alba de los caminos (para quinteto de corda e piano, 2007).

Música para cine e televisión[editar | editar a fonte]

Entre 1956 e 1994 compuxo máis de 150 composicións para cine e televisión, entre as que destacan:

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Axencias (17 de marzo de 2021). "Muere a los 87 años Antón García Abril, compositor de 'El hombre y la tierra' o 'Anillos de oro'". rtve.es (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2021. 
  2. "Antón García Abril". march.es (en castelán). 21 de maio de 2003. Consultado o 18 de marzo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]