Antíoco de Ascalón
Antíoco de Ascalón (150-68 adC), último filósofo da Terceira Academia (Platón), que ensinou primeiro en Atenas e marchou despois a Alexandría.
Traxectoria [editar]
Ao parecer naceu en Ascalón, antiga cidade de Oriente Medio que continúa existindo na actualidade en Israel. Non se coñecen as datas exactas do seu nacemento e morte, aínda puido vivir entre o 150 e o 68 adC aproximadamente. Foi discípulo do estoico Mnesarco, de Marco Terencio Varrón e de Filón de Larisa (o cal tivo un pensamiento distinto a Antíoco) e mestre de Cicerón. Sucedeu a Filón como escolarca da Academia Nueva. Estivo interesado en revitalizar a doutrina de Platón superando o escepticismo. Influenciado por distintas correntes filosóficas, chegou a unha postura puramente ecléctica, que algúns consideran eclecticismo dogmático. Intentou conciliar a filosofía de Platón coa de Aristóteles e o estoicismo, buscando un núcleo de verdad na coincidencia de opinións dos grandes filósofos. Mantivo unha postura próxima a Panecio de Rodas e Posidonio do estoicismo medio.
Antíoco foi ensinar primeiro en Alexandría e máis tarde a Siria onde morreu.