Ansoáin - Antsoain
| Ansoáin - Antsoain | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | Navarra |
| Merindade: | Pamplona |
| Xeografía | |
| Altitude: | 426 msnm |
| Superficie: | 1,93 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 10.776 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 5.583,42 hab/km² |
| Xentilicio: | ansoaintarra |
| Información | |
| Código postal: | 31013 |
| Alcalde: | Antonio Gila Gila (PSN-PSOE) |
| Sitio na web: | www.ansoain.es |
Ansoáin ou Antsoain[1] é un municipio situado na Comunidade Foral de Navarra (España), no meiriñado de Pamplona. Constitúese como tal municipio independente ao segregarse do concello do seu nome o 14 de marzo de 1991.
Índice |
Xeografía [editar]
Este pobo áchase situado nas saias do monte Ezcaba ou San Cristóbal, a extensión do municipio alcanza a terreos próximos ao monte que se dedicaron a cultivos, e outra parte que é puramente monte.
Barrios [editar]
Distínguense dous núcleos: O pobo novo que se haxa nunha planicie da comarca de Pamplona, o pobo vello que se haxa situado nos outeiros do monte Ezcaba, onde se erixe o forte militar Afonso XII, o termo esténdese ata o extremo suroriental da antiga cendea do seu nome. A 4 quilómetros de Pamplona.
A localidade de Antsoain está contigua á capital e comprende dúas zonas diferentes por unha banda a do norte, é máis alta e ocupa a saia do monte Ezcaba ou San Cristobal. A do sur, máis chaira, chega ata as proximidades do río Arga preto da igrexa de Capuchinos (Pamplona). Antsoain limita co Val de Ezcabarte polo norte, con Villava polo leste, con Pamplona polo sur e co termino municipal de Berrioplano (Artica) polo Oeste.
Polo seu termo, pasan dous arroios de certa importancia, como o Ballariáin. Este vai desembocar no curso principal do Arga.
Demografía [editar]
Antsoain está no 9º posto como municipio de maior poboación de Navarra, trala capital navarra, Pamplona (200.000hab), Tudela (32.000hab), Barañáin (21.000hab), Burlada (18.000hab), Zizur Mayor (14.300hab), Estella (13.800hab), Tafalla (11.500hab), Villava (11.000hab) e Antsoain (10.088hab)[2]
| 1996 | 1998 | 1999 | 2000 | 2001 | 2002 | 2003 | 2004 | 2005 | 2006 | 2007 |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 5.396 | 6.027 | 6.479 | 7.133 | 7.656 | 8.175 | 8.854 | 9.526 | 9.862 | 9.952 | 10.088 |
Notas [editar]
- ↑ Ansoáin é o topónimo en castelán e Antsoain é o topónimo en éuscaro. Ambos son oficiais.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística: Cifras de Poboación referidas ao 1/1/2006