Anselmo de Canterbury

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anselmo de Canterbury.

Anselmo de Canterbury, nado en Aosta cara ao 1033 e finado en Canterbury o 21 de abril de 1109, foi un filósofo e teólogo medieval de orixe italiana, nomeado arcebispo de Canterbury en 1093.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Converteu a abadía de Bec (Normandía) do que era abade dende o 1059, nun centro cultural de grande importancia. Forzado a se exiliar polo rei de Francia, converteuse en arcebispo de Canterbury, enfrontouse ao rei Guillerme II de Inglaterra na defensa dos intereses da Igrexa. En 1720 foi recoñecido como santo polo papa Clemente XI, celebrándose o seu día o 21 de abril.

Escribiu gran número de obras teolóxicas e metafísicas que tiveron grande influencia na súa época. Foi o creador da escolástica e do argumento ontolóxico que pretendía probar racionalmente a existencia de Deus. Defendeu a Inmaculada Concepción de María.

Obras[editar | editar a fonte]


Dignidades da Igrexa Católica
Predecesor:
Herluin
Abade de Bec
1078 - 1093
Sucesor:
Guillaume de Montfort-sur-Risle
Predecesor:
Lanfranc
Arcebispo de Canterbury
4 de decembro de 1093 - 21 de abril de 1109
Sucesor:
Ralph d'Escures