Anscar de Ivrea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Anscar I, finado en marzo de 902, foi o margrave de Ivrea desde 888[1] ata a súa morte.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Desde 877 ou 879 foi conde de Oscheret en Borgoña. Apoiou a Guido III de Spoleto para o trono de Francia tras a deposición de Carlos o Gordo en 887, pero tras o falido intento de Guido e a coroación de Odón, Conde de París, volveu con Guido a través dos Alpes, onde o duque foi elixido rei de Italia. En agradecemento, creou a Marca de Ivrea no nordeste e investiu ao seu amigo borgoñón.

Anscar foi conselleiro de Bosón de Provenza e irmán de Fulk, Arcebispo de Reims, quen apoiou con forza a dinastía carolinxia en Francia. Con Fulk, probabelmente invitou a Guido a Francia. Anscar loitou no nome da dignidade real de Guido en Italia. Enfrontouse a Arnulfo de Carintia durante a súa invasión deste de 894 e apoiou ao fillo de Guido Lamberto tras a morte de Guido nese ano. En 896, foi un dos poucos no norte que se opuxeron á segunda invasión de Arnulfo. Tras a morte de Lamberto, apoiou a Berengario de Friúl como rei e converteuse no seu principal conselleiro.

A esposa de Anscar é descoñecida, pero só tivo un fillo, Adalberto, a través do que foi o fundador dunha dinastía, os Anscáridas.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wickham, 178. A páxina web da Fundación para a xenealoxía medieval dá a data da asunción do cargo de margrave do 1 de decembro de 898, que tería marcado como unha das primeiras actas de Berengario como rei. Isto é totalmente negado por Wickham.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Wickham, Chris. Early Medieval Italy: Central Power and Local Society 400-1000. MacMillan Press: 1981.