Annie Leonard
Annie Leonard é unha experta en materia de comercio internacional, cooperación internacional, desenvolvemento sostíbel e saúde ambiental estadounidense.[1] Fíxose moi coñecida sobre todo polo seu documental A historia das cousas (The Story of Stuff), que trata sobre o ciclo vital de bens e servizos. Outros documentais que realizou posteriormete foron A historia dos cosméticos e A historia da auga embotellada, onde anima a que os consumidores esixan aos seus gobernos leis con produtos inocuos e respectuosos co medio ambiente.
Índice |
[editar] Traxectoria
Leonard ten unha licenciatura do Barnard College e un título da Universidade de Cornell en planificación urbana e rexional.[2] Protagoniza A historia das cousas, un documental sobre o ciclo de vida de bens e servizos. Ralph Nader denomina o documental "un modelo de claridade e motivación".[3]
Leonard é coordinadora de Global Alliance for Incinerator Alternatives (Alianza Global para Alternativas á Incineración)[4] e participa nas xuntas directivas do International Forum for Globalization e a Environmental Health Fund.
Anteriormente ocupou cargos co Health Care Without Harm (Coidado da Saúde Sen Dano), Essential Information (Información esencial) e Greenpeace, e actualmente é coordinadora do Grupo de traballo de Patrocinantes para a Produción e Consumo Sostíbeis[1] En 1992 declarou frente ao Congreso dos Estados Unidos sobre o tema do tratamento internacional do lixo.[5]
Leonard vive en California coa súa filla.
[editar] Notas
- ↑ 1,0 1,1 Terrence McNally (10-01-2008) Consuming Our Way to Unhappiness. AlterNet.
- ↑ Annie Leonard's bio. Consultado o 22-01-2008.
- ↑ Larry Menkes (27-12-2007) The Story of Stuff Premiers to Rave Reviews: Proves Value as Relocalization Tool.
- ↑ Zero Waste: A New Vision review. Consultado o 14-01-2008.
- ↑ Op Cit