Anne de Bretagne
Anne de Bretagne, nada o 25 de xaneiro de 1477 en Nantes (Bretaña, Francia) e finada o 9 de xaneiro de 1514 en Blois, foi duquesa de Bretaña e dúas veces raíña de Francia.
Índice |
Infancia [editar]
Filla maior do duque François II (1435-1488) e da segunda muller deste, Marguerite de Foix (1449-1486), princesa de Navarra, a súa primeira infancia transcorreu entre as cidades de Nantes, Vannes e Clisson.
Aos once anos, ao morrer o seu pai sen descendencia masculina converteuse en duquesa de Bretaña.
Primeiro matrimonio [editar]
En 1490 casou por procuración co futuro emperador romano xermánico Maximiliano I de Habsburgo pero este matrimonio foi anulado.
O exército francés entrou en Bretaña e sitiou a cidade de Rennes onde se encontraba a duquesa. Tras deixarse convencer polos membros do seu consello aceptou casar con Charles VIII (1470-1498), rei de Francia. Casáronse o 6 de decembro de 1491 e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis.
Viviu entre Amboise, París e Lyon, e tivo cinco fillos entre 1492 e 1496, todos mortos ao pouco de nacer.
Ao morrer Charles VIII, en 1498, volveu a Bretaña á cabeza do ducado de Bretaña.
Segundo matrimonio [editar]
Antes de casar con Louis XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría sendo duquesa de Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón.
Casaron en Nantes o 8 de xaneiro de 1499, residindo dende entón case sempre no castelo de Blois.
Asumía ao mesmo tempo as funcións de raíña de Francia e de duquesa de Bretaña.
Deste segundo matrimonio tivo oito fillos, pero só sobreviviron dúas fillas:
- Claude de France (1499-1524), duquesa de Bretaña e raíña de Francia ao casar con François I.
- Renée de France (1510-1589), señora de Montargis, duquesa de Chartres.
Morte e lembranza [editar]
Morreu o 9 de xaneiro de 1514. Foi soterrada en Saint-Denis, pero o seu corazón foi depositado na igrexa das Carmelitas en Nantes.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- L. Le Saint, Une terre de granit. La Bretagne e son histoire. Eugêne Ardant e Cie éditeurs, 1891
- Châteua des ducs de Bretagne, Musée d'Histoire de Nantes, La biographie d'Anne de Bretagne (1477-1514)