Anne Igartiburu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anne Igartiburu
Anne Igartiburu.jpg
Imaxe de Anne en 20 minutos
Nacemento 18 de febreiro de 1969
Elorrio, Biscaia España
Profesión presentadora e actriz
Ficha na IMDb

Anne Igartiburu Verdes, nada en Elorrio, Biscaia, o 16 de febreiro de 1969, é unha presentadora de televisión e actriz vasca.

Comezou a súa andaina profesional nunha televisión local da que saltou a Euskal Telebista (a televisión autonómica do País Vasco) e de alí a diferentes canles de cobertura nacional, onde adquiriu popularidade.

Índice

[editar] Biografía

Mide 1'75. Viviu desde nena na localidade de Elorrio (Biscaia). Ten estudos de mercadotecnia industrial. Viviu nos Estados Unidos, Burkina Faso, Illas Galápagos, Francia e Luxemburgo. Divorciada do bailarín Igor Yebra, ten actualmente unha filla, Noa. As súas primeiras aparicións na pequena pantalla foron en 1993 en Arrasate Telebista (televisión local de Arrasate). Logo pasou a Euskal Telebista, e máis tarde a Telecinco. Actualmente presenta en Televisión Española o programa do corazón Corazón de... e presentou tamén o concurso de baile ¡Mira quién baila!. Ademais, presenta as badaladas de fin de ano nesta mesma cadea. A pesar de que esperaba ser directiva dunha empresa multinacional, a televisión cruzouse no seu camiño e enganchouna do todo. Como actriz, entre outros, interpretou un pequeno papel de monxa virxe na película O lapis do carpinteiro de Antón Reixa (2002) e fixo un cameo en Star Trek:Insurrección de Jonathan Frakes (1998). Así mesmo, interpretou o papel de Loreto, na telenovela Luna negra (2004).

[editar] Programas de televisión

Imaxe de 20 minutos

[editar] Galas

[editar] Filmografía

[editar] Películas

[editar] Series

[editar] Premios e nomeamentos

Premio Ano Categoría Resultado
Antena de Ouro 2005 Televisión Gañadora
Premio ATV 2005 Mellor Comunicadora de Programas de Entretemento Nomeada
TP de Ouro 2005 Mellor Presentadora de Programas de Entretemento Nomeada


[editar] Véxase tamén

Ferramentas persoais
Espazos de nomes

Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas