Anne Geddes
| Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engada ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Anne Geddes, nada en Queensland o 13 de setembro de 1956 [1], é unha fotógrafa, deseñadora e empresaria australiana que vive e traballa en Nova Zelanda. É mundialmente coñecida polas súas fotografías relacionadas cos bebés e a maternidade.
Índice |
Traxectoria [editar]
Completamente autodidacta, na maioría da súa obra os bebés ou meniños están caracterizados coma fadas, persoenaxes de contos, flores ou animais. A temática das súas imaxes está completamente idealizada: as fotos amosan ós bebés durmindo, rindo ou ollando para a contorna que os arrodea.
A súa obra foi publicada en 83 países e traducida a 24 idiomas [1], con máis de 18 millóns de libros e 13 millóns de calendarios vendidos [2].
Obra [3] [4] [editar]
- "O xardín enmeigado" (Down in the garden), 2000. ISBN 9788440695536
- Dez na cama" (Ten in the bed), 2000. ISBN 9788440698551
- "Ata hoxe" (Until now), 2001. ISBN 9788466603225
- "Diario do bebé: Os primeiros cinco anos" (My first five years), 2001. ISBN 9788466602747
- "O libro dos nomes" (Baby names keepsake), 2002. ISBN 9788466607216
- "O meu irmanciño" (My baby brother), 2002. ISBN 9788466607414
- "A miña irmanciña" (My baby sister), 2002. ISBN 9788466607421
- "Vida" (Pure), 2003. ISBN 9788466612432
- "Entrañables pensamentos de amor" (Cherished thoughts with love), 2003. ISBN 9788466621908
- "Milagre - Miracle. Celebración dunha nova vida" (Miracle: A Celebration of New Life), 2004. ISBN 9788466616058. Este proxecto, realizado en colaboración con Céline Dion, é unha mestura de música e fotografía que xira en torno á temática dos bebés e o xurdir dunha nova vida.
- "123" (123. The Anne Geddes Collection), 2005. ISBN 9788466623858
- "Cores" (Colors), 2005. ISBN 9788466623865
- "Formas" (Shapes), 2005. ISBN 9788466623872
- "Os primeiros anos: diario para nenos" (My first years journal for boys), 2006. ISBN 9788466624701
- "Os primeiros anos: diario para nenas" (My first years journal for girls), 2006. ISBN 9788466624985
- "O froito do amor: unha autobiografía" (Labor of love: an autobiography), 2007. ISBN 9788466629041
Premios e Recoñecementos [editar]
En 1997 Anne Geddes foi condecorada coma membro vitalicio pola asociación Professional Photographers of America (Fotógrafos Profesionáis de América) e recibiu asemade un título honorario do New Zealand Institute of Professional Photographers-NZIPP (Instituto Neozelandés de Fotógrafos Profesionais).
En 2004 foi elixida coma membro da New Zealand Order of Merit (Orde Neozelandesa de Honor) "polos seus servizos á fotografía e á comunidade" [5][6]. En 2004 e 2005 o Servizo Postal Francés, La Poste, empregou catro das súas fotografías para ilustrar a serie "C'est une fille - C'est une garçon" ("É un neno - é unha nena"). En 2007 as súas fotografías foron utilizadas polo Servizo Americano de Correos.