Annaba

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Annaba - سياحة")

Annaba (ِسياحة, en árabe) é unha cidade no nordeste de Alxeria, preto do río Wadi Seybouse e da fronteira de Tunisia. É a capital da provincia de Annaba. Conta con 235.100 habitantes (2004).
Fundada coma unha colonia fenicia no século XII a.C. Durante a época romana a cidade chamábase Hippo Regius.[1] Foi un centro de difusión do primeiro cristianismo, e Agostiño de Hipona foi bispo da cidade entre o 396 e o 430.[1]

A cidade ten unha universidade, con 40.000 estudantes. O porto de Annaba é o primeiro porto industrial alxeriano.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Bône, en Algérie". 1899. http://www.wdl.org/fr/item/8787/. Consultado o 2013-09-25.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]