Angus (raza bovina)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Exemplar de angus

Angus é unha raza vacún, destinada á produción de carne de calidade superior, ten as súas orixes no nordeste da Escocia, onde o seu perfeccionamento comezou hai cerca de 200 anos e actualmente existen as variedades Aberdeen Angus e Red Angus. Hoxe o Angus está a ser criado en case todo o mundo, destacadamente na Arxentina, Australia, Brasil, Canadá, Estados Unidos, Europa e Nova Zelandia.

Características[editar | editar a fonte]

Con grandes calidades, a súa utilización esténdese tamén aos cruzamentos, tanto con razas de corte como de produción leiteira. Presenta e transmite facilidade de parto e reprodución, así como a súa cor e a característica de ser mocha.

É igualmente famosa pola súa robustez, o seu fácil manexo e adaptación ás diversas condicións atmosféricas e ambientais. Presenta boa acumulación e distribución de graxa na porción intermuscular, que garante a resistencia en períodos sen choivas. É manso, presenta precocidade, fertilidade e habilidade materna.

O angus é mocho e de tamaño medio (Femia adulta: 125–140 cm / Macho adulto: 135–150 cm). A súa capa preséntase curta e de cor negra ou vermella. O peso varía entre os 550 a 700 kg dunha femia adulta e 900 a 1000 kg dun macho, sendo o peso da cría de aproximadamente 33 Kg. As vacas acadan a idade de reprodución con cerca de 15 meses.