Anguila - Anguilla
| British Overseas Territory of Anguilla Territorio Británico de Ultramar de Anguila |
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anguila é unha colonia británica no Caribe, que comprende a Illa de Anguila e máis algúns illotes próximas, e que ten fronteira marítima con San Martiño, unha dependencia de Guadalupe, ao sueste. Ao oeste, ten como veciño máis próximo outra colonia británica: as Illas Virxes Británicas. A súa capital é The Valley.
Índice |
[editar] Historia
Anguila foi colonizada por ingleses procedentes de Saint Kitts e Nevis no 1650. A illa de Anguila foi administrada polo Reino Unido ata principios do século XIX, cando pasou á administración de Saint Kitts e Nevis en contra da opinión dos seus habitantes. Dende entón, en varias ocasións, Anguila tentou de se separar, incluíndo o referendo do 11 de xullo do 1967 gañado polos separatistas por 1.813 votos a favor e 5 en contra. Ao fin, no 1971, dous anos despois dunha revolta que precisou da intervención de tropas da metrópole, Anguila obtivo a condición de dependencia británica, que mantén dende entón.
[editar] Economía
As principais industrias do país son a pesqueira e o turismo. O país tamén é un paraíso fiscal. Anguía posúe poucos recursos naturais, e a economía depende bastante do turismo, banca estranxeira, pesca de lagostas e remesas de emigrantes. A economía, especialmente o sector turismo, tivo efectos devastadores en 1995, a causa do Furacán Luís, pero se recuperou en 1996. Ao crecer o sector turismo, tamén puido axudar ao sector de construción, que creceu grandemente á economía. A banca estranxeira esta establecida, pero é moi pequena, aínda que tamén está en auxe.
Os principais produtos que produce e exporta son o sal, peixe, lagostas, bloques de concreto, gañado, tabaco e ron. No arquipélago úsase como moeda o Dólar Caribe-Este.
[editar] Xeografía
O arquipélago localízase no Caribe, especificamente no extremo norte das illas de Sotavento nas Antillas Menores; comprende a habitada illa de Anguila e as deshabitadas illas Scrub, Dog e Sombrero; e algúns illotes próximos, tamén deshabitados.
O terreo é en xeral, rochoso e de pouca elevación. Non hai s, só algunhas pequenas lagoas na illa de Anguía. O clima é subtropical cunha temperatura media de 27 °. As illas principais son:
- Illa de Anguila.
- Illa Scrub.
- Illa Dog.
- Illa Sombrero.
- Anguillita.
- Illa Little Scrub.
- Caios de Prickly Pear.
- Illa Sandy.
- Illa Seal.
[editar] Outros Datos
A esperanza de vida é de 76.7 anos
A defensa do pais é responsabilidade do Reino Unido
A maioría dos habitantes son protestantes e de ascendencia africana
Posúe 3 aeroportos, dos cales, só un está asfaltado
[editar] Ligazóns externas
| Países do mundo | Caribe |
| Antiga e Barbuda - Bahamas - Barbados - Cuba - Dominica - Rep. Dominicana - Granada - Haití - Saint Kitts e Nevis - San Vicente e Granadinas - Santa Lucía - Trindade e Tobago - Xamaica |
| Países con estatus especial no Caribe Aruba (Holanda) | Antillas Holandesas (posesións de Holanda) |
