Angistri - Αγκίστρι
| Angistri - Αγκίστρι | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Angistri |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Illas Sarónicas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 920 hab. |
| Superficie | 13´36 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 37°42′N 23°20′E / 37.7°N 23.333°E |
| Maior Altura | 294 m. |
| Localización | |
Angistri, tamén Agistri, Ankistri ou Agkistri ( grego: αγκίστρι, é unha moi pequena illa no Golfo Sarónico na Prefectura do Pireo, Grecia. Angistri é unha illa cuberta de piñeiros a poucos quilómetros do porto de O Pireo.
Índice |
Asentamentos [editar]
Hai só tres asentamentos en Angistri, Milos (Megalohori), Skala e Limenaria. Milos (poboación 461 hab.) é o principal pobo onde vive a maioría da poboación grega da illa. Skala (poboación 354) está a vinte minutos a pé de Milos ao longo da estrada costeira. Skala é onde están maioría das instalacións turísticas e hoteis. Limenaria (poboación 105) é un pobo moi pequeno no outro lado da illa con moi pouco turismo. A poboación da illa é de 920 habitantes segundo o censo grego de 2001. A súa superficie é de 13´367 km².
Localización [editar]
Angistri está moi preto da illa máis grande do Golfo Sarónico Exina. A illa pódese chegar de Exina por barco en apenas dez minutos. A illa está tamén a unha hora de viaxe en barco desde o porto ateniense de O Pireo.