Angie Cepeda
| Angie Cepeda | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | Angélica María Cepeda Jiménez 2 de agosto do 1974 (37 anos) Magangué, |
||||
| Profesión | Actriz | ||||
| Ficha na IMDb | |||||
|
|||||
Angélica María Cepeda Jiménez, nada en Magangué o 2 de agosto de 1974, é unha actriz colombiana de cinema e televisión. Deuse a coñecer por televovelas como Luz María (1998) ou Pobre Diabla (2000), amba-las dúas emitidas en España pola TVE. Tamén ten traballado en series españolas como Vientos de Agua (2006) e a recente Los protegidos estrada ó 12 de xaneiro do 2010 por Antena 3.
Índice |
[editar] Biografía
[editar] Comezos
Angie Cepeda criouse en Barranquilla. Os seus pais, José Cepeda e Yadhira Jiménez ambo-los dous avogados, estaban divorciados dende había ben tempo, polo que Angie medrou canda a súa nai e mai-las súas dúas irmás máis vellas Lorna e Ivette.
[editar] Carreira
Houbo un tempo en que Cepeda decidíu estudar edición, porén, ela descubriría a súa vocación no drama e mudouse a Bogotá vivir cunha tía. Angie comezou os seus cursos de drama, e foi contratada por unha compañía de cervexa e fixo algúns anuncios. Logo, ela foi interpretando en pequenos papeis en varias telenovelas e películas en Colombia.
A sorte chagaríalle cando Cepeda conseguíu un papel na telenovela Las Juanas, fronte Susana Torres, chamando a atención a produtores de televisión que lle ofrecerían emprego en novelas de horario prime time; unha delas sería o papel principal en Luz María (1998), xunta Christian Meier e Rosalinda Serfaty, eo seu papel protagonista como "Fiorella Morelli Flores de Mejía-Guzmán" en Pobre Diabla (2000), fronte Salvador del Solar e Santiago Magill.
A pesar do éxito no eido das telenovelas, sobre todo en Luz María e Pobre Diabla, amba-las dúas telenovelas Peruanas, as cales dérona a coñecer internacionalmente, o seu degoxo era facer cinema, que é o que máis lle gusta, ela afirmou deixar o mundo das telenovelas para se adicar por enteiro ó cinema.
A súa primeira intervención no mundo cinemático foi cun pequeno papel no filme Ilona llega con la lluvia (1996). O seu primeiro protagónico chegou da man do diretor peruano Francisco Lombardi quen a convenceu de retratar unha prostituta chamada "La Colombiana" en Pantaleón y las visitadoras (2000). Foi un grande éxito en Colombia, España, Perú e Arxentina e recibiu boas críticas pola súa eficaz actuación. Ela tamén tivo enormes eloxios pola súa beleza e sensualidade debido á nudez e escenas quentes de sexo na película co Salvador del Solar.
Cepeda protagonizou Il paradiso all'improvviso (2003), filmada en Italia, Samy y yo (2002), e Pantaleón y las visitadoras (2000), polo que recibiu críticas moi favorábeis. Antes de pular ó cinema, Angie foi unha actriz de éxito en telenovelas. Con Love for Rent estréase falando inglés nun filme.
[editar] Vida persoal
É a irmá máis nova da tamén actriz colombiana Lorna Paz (Yo soy Betty, la fea). Cepeda tivo unha relación co cantante Diego Torres. Ela tenta estar xunto coa súa sobriña e sobriño o máis tempo posible. Mide 1.65 cm e prefire vivir soa.
[editar] Filmografía
[editar] Filmes
- Ilona llega con la lluvia (1996)
- Pantaleón y las visitadoras (2000)
- Leyenda de Fuego (2001)
- El destino no tiene favoritos (2002)
- Sammy and me (2003)
- Il paradiso all´improvviso (2004)
- Love for Rent (2005)
- Oculto (2005)
- El Muerto (2007)
- Love in the Time of Cholera (2007)
- Passing By (2008)
- El Mal Ajeno (2008)
- El Pibe (2009)
[editar] Telenovelas e seriais
- La Maldición del Paraíso (1993)
- Crónicas de una generación trágica (1993)
- Solo una mujer (1995)
- Candela(1996)
- Las Juanas (1997)
- Luz María (1998)
- Pobre Diabla (2000)
- Vientos de agua (2005)
- Fuera de Lugar (2008)
- Los protegidos (2009)
[editar] Ligazóns externas
- Web oficial
- Twitter oficial de Angie Cepeda
- Páxina oficial en Facebook
- Canle oficial en Youtube
- Canle oficial en Vimeo
- Modelo:Imdb
- Entrevista en Los Protegidos Web