Pallacanestro Biella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Angelico Biella»)
Pallacanestro Biella
Información xeral
Liga Serie A2
Fundación 1994
Cores                Azul, vermello, branco
Presidente Italia Antonio Trada
Adestrador Italia Iacopo Squarcina
Patrocinador Edilnol
Vestimenta Joma
Localización
Cidade Italia Biella (Italia)
Pavillón Biella Forum
Capacidade 5 007
Inauguración Febreiro de 2009
pallacanestrobiella.it

O Pallacanestro Biella é un club profesional de baloncesto italiano da cidade de Biella, na rexión de Piemonte. Fundado en 1994, actualmente xoga na Serie A2, a segunda máxima competición do baloncesto italiano. Recibe o nome de Edilnol por mor do seu patrocinador, unha compañía de elementos para o lar o xardín con sede na propia cidade de Biella. Xogan os seus encontro coma local no Biella Forum, un pavillón inaugurado en febreiro de 2008 con capacidade para 5 007 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O actual equipo foi fundado en 1994 a partir da unión de dous equipos da cidade, o Biella Basket Club e o Amici del Basket Biella. O club é distinto ao Libertas Biella que participou na Serie A durante os anos 1960. O primeiro adestrador deste novo equipo foi Federico Danna, que xa adestrara na serie A ao Auxilium Torino nos anos 1980.

O equipo comezou a súa historia na serie B2, mais foi ascendendo rapidamente a través das diferentes divisións do campionato italiano: en 1996 o equipo gañou o campionato da Serie B2 e ascendeu á Serie B1; en 1998 o equipo consegue promocionar á segunda categoría da liga italiana, a Serie A2, gañando nos playoffs de ascenso. En 2001 o club gaña a Liga cun rexistro de 30 vitorias e 6 derrotas, conseguindo promocionar á Serie A. Dende o seu ascenso até o ano 2011, o equipo chegou xogar os playoffs polo título en tres ocasións.

Nomes ao longo da historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da súa historia o Pallacanestro Biella levou diferentes nomes por mor de motivos de patrocinio:[1]

  • Ing Sviluppo Biella (1994−1998)
  • Fila Biella (1998−2001)
  • Lauretana Biella (2001−2005)
  • Angelico Biella (2005−2017)
  • Eurotrend Biella (2017−2018)
  • Edilnol Biella (2018−presente)

Xogadores[editar | editar a fonte]

Destacados[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lega A Basket historia do Pallacanestro Biella". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2011. Consultado o 08 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]