Angela Sommer-Bodenburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Angela Sommer-Bodenburg
Nacemento18 de decembro de 1948
Lugar de nacementoReinbek Alemaña Alemaña
NacionalidadeAlemá Alemaña
Alma máterUniversidade de Hamburgo
OcupaciónEscritora
Coñecida porThe Little Vampire
Na rede
http://www.angelasommer-bodenburg.com/
IMDB: nm0814008 Allmovie: p314929
Musicbrainz: b82b88d6-5765-47e9-9fae-ad64203e719a Discogs: 816113 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Angela Sommer-Bodenburg, nada o 18 de decembro de 1948 en Reinbek (Alemaña)[1], é unha autora de libros para nenos famosa pola súa serie de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro"), que vendeu máis de 10 millóns de exemplares [2].

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou maxisterio, psicoloxía e socioloxía na Universidade de Hamburgo. Entre 1972 e 1984 traballou coma profesora de primaria en Hamburgo e escribiu a primeira novela de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro") a modo de experimento para tentar descubrir que tipo de literatura podería interesar aos seus alumnos[1]. A novela publicouse en maio de 1979 e, tralo éxito alcanzado, a autora retirouse do ensino en 1984 para adicarse exclusivamente á pintura e á escritura. Actualmente reside en Silver City, en Novo México.

Ten no seu haber máis de corenta libros, incluíndo novela, poesía e os vinte volumes da serie de Der kleine Vampir ("O Pequeno Vampiro"). A súa obra foi traducida a máis de 30 idiomas, sendo parte dela adaptada para o teatro, a radio, o cine e a televisión. No 2000 estreouse a película The Little Vampire, realizada baixo a dirección de Ulrich Edel.

Obra[editar | editar a fonte]

Serie Der kleine Vampir[editar | editar a fonte]

  • "Der kleine Vampir un die letzte Verwandlung" (O pequeno vampiro e a última conversa), 2008
  • "Der kleine Vampir und die Gruselnacht" (O pequeno vampiro e a noite do terror), 2006
  • "Der kleine Vampir hat Geburtstag" (O pequeno vampiro está de aniversario), 2002
  • "Der kleine Vampir und die Tanzstunde" (O pequeno vampiro e a clase de baile), 2001
  • "Der kleine Vampir und Graf Dracula" (O pequeno vampiro e o Conde Drácula), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir feiert Weihnachten" (O pequeno vampiro celebra o Nadal), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir und die Klassenfahrt" (O pequeno vampiro e a excursión), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir und die große Verschwörung" (O pequeno vampiro e a gran conspiración), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir und der rätselhafte Sarg" (O pequeno vampiro e o enigmático ataúde), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir und der Lichtapparat" (O pequeno vampiro e o aparello de luz), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir in der Höhle des Löwen" (O pequeno vampiro na boca do lobo), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir und der unheimliche Patient" (O pequeno vampiro e o estraño paciente), 2000 (reedición)
  • "Der kleine Vampir liest vor" (O pequeno vampiro lee), 1988
  • "Der kleine Vampir im Jammertal" (O pequeno vampiro no val das lamentacións), 1986
  • "Der kleine Vampir in Gefahr" (O pequeno vampiro en perigo), 1985
  • "Der kleine Vampir und die große Liebe" (O pequeno vampiro e o grande amor), 1985
  • "Der kleine Vampir auf dem Bauernhof" (O pequeno vampiro na granxa), 1983
  • "Der kleine Vampir verreist" (O pequeno vampiro vaise de viaxe), 1982
  • "Der kleine Vampir zieht um" (O pequeno vampiro múdase de casa), 1980
  • "Der kleine Vampir" (O pequeno vampiro), 1979

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Web oficial da autora
  2. "Ficha da autora en www.casadellibro.com". Arquivado dende o orixinal o 15 de maio de 2009. Consultado o 23 de xullo de 2009.