Angband (videoxogo)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Angband
Captura da versión 3.5.1 para Windows
Desenvolvedor(es)Varios
Versión3.5.1
Lanzamento1990
XéneroRoguelike de alxubes
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)UNIX, Windows, Mac OS X e Android.
ControisTeclado
LicenzaGPLv2
Na rede
http://rephial.org/
editar datos en Wikidata ]

Angband é un videoxogo clasificado dentro dos xénero roguelike de alxubes, derivado do similar videoxogo Moria. Baséase nas historias de J. R. R. Tolkien, nas que Angband é a fortaleza de Morgoth. A última versión está dispoñible para os principais sistemas operativos, incluíndo UNIX, Windows, Mac OS X e Android. Foi desenvolvido por varias persoas de forma comunitaria e aberta, sendo publicado coma freeware baixo a licenza libre GPLv2.

Sistema de xogo[editar | editar a fonte]

A finalidade do xogo é explorar uns cen niveis dun alxube, nos que o xogador debe ir mellorando o seu equipo e gañando experiencia mentres loita con varios inimigos inspirados na mitoloxía de Tolkien principalmente, loitando finalmente con Morgoth no último nivel. O xogo parte dun nivel exterior, a cidade, onde o xogador pode comprar e vender armas, armaduras, pocións etc. Cada nivel do alxube xérase aleatoriamente, facendo a cada nivel único en canto a disposición e contidos. O combate ten lugar en base a quendas, e o xogador dispón dun inventario limitado para os obxectos que vai atopando ao longo dos niveis.

Gráficos[editar | editar a fonte]

Gráficos nativos do xogo

Os gráficos nativos do xogo están feitos con código ASCII de 128 caracteres, pero permite empregar varios paquetes de gráficos simples que melloran a visualización do xogo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]