Angaur
| Angaur | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Ngaramasch |
| País | |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (2005) | 320 hab. |
| Superficie | 8 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 6°54′18″N 134°08′15″E / 6.905°N 134.1375°E |
| Maior Altura | 40 m. |
| Localización | |
Angaur ou Ngeaur é unha illa e estado de Palaos, localizada ao suroeste da illa de Peleliu. Ten un área de 8 km² e unha poboación de 320 habitantes Só existen dúas localidades: Ngaramasch, o seu capital, situada ao oeste; e Rois, situada ao leste.
Entre 1909 e 1954, explotouse unha mina de fosfato. Do 17 ao 30 de setembro de 1944 a illa foi escenario da batalla de Angaur durante a Segunda Guerra Mundial.
Os idiomas oficiais son o inglés, o xaponés e o angaur.
É un lugar moi popular para o surf. No 2003, o Congreso Nacional de Palaos legalizou o xogo de casino na illa. Angaur é accesible por barco ou por avión. Existía unha estación da Mariña dos Estados Unidos. Entre outras atraccións están o cemiterio de avións e de barcos que foron destruídos na Segunda Guerra Mundial, un monumento memorial budista que honra aos xaponeses caídos en combate e un pequeno templo sintoísta xaponés.