Andros - Άνδρος
| Andros - Άνδρος | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Andros |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 10.009 hab. |
| Superficie | 380´04 Km² |
| Densidade | 26 hab/km² |
| Coordenadas | 37°50′N 24°56′E / 37.833°N 24.933°E |
| Maior Altura | 995 m. Monte Kouvara |
| Localización | |
Andros (en grego: Άνδρος) é unha illa de Grecia, a máis setentrional do arquipélago das Cícladas, situada entre Eubea ao nordeste, que se acha a uns 10 km, e Tinos ao sur, a tan só 3 km.
A súa superficie é de 374 km², cuns 40 km de longo e unha anchura máxima de 16 km. É montañosa e ten vales fértiles e ben regados.
Andros ou Khora, a capital, na costa este, tiña uns 2.000 habitantes en 1992, os mesmos que un século atrás. A illa tiña 18.000 habitantes en 1900, cunha densidade de 48,13 hab/km². En 1991, o censo era de de 8.781 habitantes, cunha densidade de 23,48 Hab/Km². En (1992), a poboación da cidade de Andros era de 2.000 habitantes e o total da illa de 10.500 habitantes.
Índice |
Toponimia [editar]
Segundo a mitoloxía grega, o seu nome deriva de Andreos, a quen Radamante deixou o control da illa (Diodoro Sículo, v.79).
Segundo outra tradición, estivo poboada por guerreiros da illa de Cos, levados por Fidipo, de regreso da guerra de Troia (pseudo-Apolodoro, Epítome, vi.15b)
Historia [editar]
Foi colonizada polos xonios cara ao século -X, quizais mesturados con tracios. Aínda que no século VII foi colonizada por Eretria e dependía dela, foi o suficientemente próspera para fundar varias colonias na Calcídica, cara ao -654 (Acanto, Estaxira, Argilos e Sane).
Cando Xerxes II invadiu Grecia, Andros tivo que achegar naves ao exército persa (-480). Como consecuencia, o estratego ateniense Temístocles, impúxolle unha multa que non pagou, e a capital da illa foi asediada; pero non puido ser conquistada.
Ao cabo dun tempo, foi sometida por Atenas e despois polos reis macedonios.
No -200, foi ocupada polos romanos e foi cedida a Atalo I, rei de Pérgamo.
A antiga capital, Andros, tiña boas fortificacións e utilizaba de porto o de Gaurion.
Antes de caer baixo o poder otomán, Andros foi gobernada, entre 1207 e 1566, polas familias Zeno e Sommariva, como protectorado veneciano.
Entrou a formar parte do estado grego contemporáneo tras a súa creación en 1821.
Lugares de interese [editar]
- Andros ou Khora, a capital, está arriba dun promontorio entre dúas praias. É unha mestura de mansións neoclásicas de logo da Primeira Guerra Mundial e de casas tipicamente cicládicas. as prazas están pavimentadas con mármore. Ao final do promontorio hai dúas illas, a primeira das cales está unida a terra por unha ponte de ladrillo, onde están as ruínas dun castelo veneciano, e a segunda cun faro. Hai tres museos: o Museo Arqueolóxico, o Museo de Arte Moderna e o Museo Marítimo.
- A principal cidade de veraneo é Batsí, na costa occidental, moi popular entre os turistas gregos.
- A illa é famosa polas fontes de auga mineral de Apikia, a uns 3 km de Khora, que mana dunha cabeza de león.
- Paleópolis, a antiga capital, na costa oeste, áchase en gran parte mergullada.
- Estenias, na costa oriental, preto das praias de Gialia e Piso Gialia, é seguramente o pobo máis pintoresco da illa. A costa este non é precisamente famosa pola súa actitude favorable ao turismo, e de feito xa fai tempo que se intenta reducir o número de visitantes, de maneira que non se degrade a paisaxe como pasou nas illas veciñas (especialmente Miconos). En Estenias non hai practicamente vida comercial.
Ligazóns externas [editar]
- Páxina oficial do Concello de Ándros (en inglés) (en grego)
- Páxina oficial do Concello de Korthío (en inglés) (en grego)
- Páxina oficial do Concello de Ydroúsa (en inglés) (en grego)