Andrián Grigórievich Nikoláyev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Selo adicado a Nikoláyev.

Andrián Grigórievich Nikoláyev (Андриян Григорьевич Николаев en ruso), nado en Sorseli, Chuvashia o 5 de setembro de 1929 e finado en Cheboksary o 3 de xullo de 2004, foi un astronauta da Unión Soviética.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viaxou ao espazo en agosto de 1962 na misión Vostok 3 (co que se converteu no terceiro cosmonauta soviético) e o 1 de xuño de 1970 na misión Soyuz 9, acumulando en total 21 días, 15 horas e 20 minutos no espazo.

Foi coñecido coma o Home de Ferro nos medios aeronáuticos soviéticos por permanecer catro días illado e en silencio e o seu coñecemento do tempo que permaneceu na cámara de illamento, usada para avaliar as capacidades dos astronautas que tiñan que permanecer longos períodos no espazo en soidade.

Casouse en novembro de 1963 con Valentina Tereshkova - a primeira muller que viaxou o espazo - coa que tivo unha filla, Elena Andrionova. Divorciáronse en 1982, ano no que Andrián deixou o corpo de cosmonautas soviéticos.

Andrián Nikoláyev recibiu as principais condecoracións da Unión Soviética, entre elas a Orde de Lenin, a Orden da Estrela Vermella e o título oficial de Heroe da Unión Soviética.

O 3 de xuño de 2004 faleceu dun ataque cardíaco en Cheboksary (Rusia) e foi soterrado na súa cidade natal a pesar das presións da súa filla para que fora soterrado na Cidade das Estrelas. En homenaxe, déuselle o nome de Nikoláyev a un cráter lunar.