Andrew Divoff

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrew Divoff
Andrew Divoff in 2008.jpg
Divoff o 13 de xuño de 2008.
Nacemento Andrew Daniel Divoff
2 de xullo de 1955 (59 anos)
El Tigre, Anzoátegui, Flag of Venezuela.svg Venezuela
Profesión Actor
(1983-presente)
Cónxuxe(s) Raissa Danilova
(29 de febreiro de 1992 - ?) (divorciado)
Ficha na IMDb

Andrew Daniel Divoff (en ruso:Андрей Дивов), nado o 2 de xullo de 1955 en El Tigre, Anzoátegui, é un actor venezolano de cinema e televisión.

Biografía[editar | editar a fonte]

O seu pai é ruso e a súa nai venezolana.[1] Actualmente reside en Estados Unidos. Divoff pode falar oito linguas diferentes: inglés, castelán, italiano, francés, alemán, catalán (viviu en Cataluña entre 1973 e 1977),[2] portugués e ruso. En ocasións fala romanés, pero esquécese do idioma cando non ten con quen falalo.[3] Divoff casou coa actriz rusa Raissa Danilova, da que está actualmente divorciado.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

É coñecido internacionalmente por interpretar a Djinn no filme Wishmaster e a Cherry Ganz en Another 48 Hrs.. Tamén fixo de Boris Bazylev en Air Force One, a Ivan Sarnoff in CSI: Miami e de Mikhail Bakunin en Lost.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Películas[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

  • The A-Team (nos episodios "Firing Line" e "Dishpan Man"), 1986
  • Highlander: The Series (no episodio "A Bad Day in Building A" como Bryan Slade e "Little Tin God" como Gavriel Larca), 1992 e 1996
  • Alias tempada 4, 2005
  • The Unit tempada 1, 2006
  • Lost (nos episodios "The Cost of Living", "Enter 77", "Par Avion", "One of Us", "D.O.C.", "The Man Behind the Curtain", "Through the Looking Glass" e "The Package" como Mikhail Bakunin), 2006-2007
  • Burn Notice (no episodio "Comrades" como Ivan)

Videoxogos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]