Andrés do Barro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Andres do Barro")
Andrés do Barro
Andresdobarro.png
O cantante galego Andrés do Barro conseguiu que por vez primeira unha canción galega fose n.º 1 no Estado
Nome completo
Alias
Naceu 1 de outubro de 1947
Orixe Pontedeume Galicia
Morreu Madrid
22 de decembro de 1989
Ocupación (s) cantante
Xénero
Instrumento(s)
Tipo de voz
Selo(s) discográfico (s)
Relacionado con
Tempo en activo
Web

Andrés Lapique do Barro, nado en Pontedeume o 1 de outubro de 1947 e finado en Madrid o 22 de decembro de 1989[1], foi un cantante e actor galego.

Índice

Traxectoria [editar]

Naceu no seo dunha familia da Armada Española. No entanto, os pasos de Andrés non se decantaron pola vía militar, senón pola música.

Coñecido popularmente como Andrés do Barro, ten o mérito de ser dos primeiros cantantes que usaron o galego na ditadura franquista, coas dificultades que levaba implícito. Porén, os manifestos atrancos para a expresión musical en galego non impediron que un sinxelo seu chamado "O tren" se situase como número un nas principais cadeas radiofónicas estatais.

Esta circunstancia, insólita por aqueles anos para unha lingua que nin tan sequera recoñecera un estatus de oficialidade, provocou que o franquismo o intentase asimilar. Nesta tarefa, o sistema da ditadura contou con tres vantaxes:

  • a aparente carencia de mensaxe nas letras de Do Barro (algunhas delas, compostas polo escritor Xavier Alcalá, compañeiro de xogos en Pontedeume).
  • a aparición de ofertas para Do Barro cantar en castelán, e mesmo un papel protagonista no filme La red de mi canción (ás ordes de Mariano Ozores e con Concha Velasco, nunha aventura cinematográfica que fracasou).
  • a centralización dos medios de comunicación estatais en Madrid (e en consecuencia a inexistencia das actuais radios e televisións autonómicas) que convertía á RTVE no único vehículo que tiñan os artistas para se dar a coñecer, mais coa vantaxe de poder ter difusión en todo o Estado.

Discografía [editar]

  • Me Llamo Andrés Lapique do Barro (LP 1970)
  • Señora Mia (LP 1975)
  • ¡Pum! (LP 1975)

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Outros artigos [editar]

Ligazóns externas [editar]