Andreas Felder

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndreas Felder
Biografía
Nacemento6 de marzo de 1962 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Hall in Tirol, Austria (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustria Editar o valor em Wikidata
Altura183 cm Editar o valor em Wikidata
Peso70 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónsaltador de esquí Editar o valor em Wikidata
DeporteSalto de esquí Editar o valor em Wikidata
Participou en
1992ski jumping at the 1992 Winter Olympics – large hill team (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
febreiro de 1988Xogos Olímpicos de Inverno de 1988
1984Xogos Olímpicos de Inverno de 1984 Editar o valor em Wikidata

Olympic.org: andreas-felder Editar o valor em Wikidata

Andreas Felder, nado o 6 de marzo de 1962 en Hall, Tirol, é un antigo saltador de esquí austríaco, un dos grandes dominadores da especialidade na década de 1980 e comezos de 1990 xunto con Jens Weissflog e Matti Nykänen.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Gañou a súa primeira medalla nun campionato nos Campionatos de Esquí Nórdico de 1982 en Oslo o lograr unha medalla de ouro por equipos en trampolín grande. En decembro de 1984 gañou unha competición da Copa do Mundoo en Thunder Bay, Ontario, Canadá, gañando en total seis competicións nesa tempada e finalizando segundo no total despois de Matti Nykänen. No Campionato de Esquí Nórdico de 1985 en Seefeld, gañou dúas medallas de ouro, en trampolín grande tanto individual como por equipos. En 1986 gañou o Campionato do Mundo de Salto de Esquí celebrado en Bad Mitterndorf, e no Campionato do Mundo de Esquí Nórdico de 1987 de Oberstdorf foi o campión en trampolín grande e tamén gañou unha medalla de bronce por equipos. En 1991 gañou a Copa do Mundo e unha medalla de ouro por equipos no Campionato do Mundo de Esquí Nórdico de 1991 de Val di Fiemme. Nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 gañou a medalla de prata en trampolín grande por equipos. Felder rematou a súa carreira coa vitoria na Copa do Mundo de Salto de Esquí de 1992.