Andrea Nunes Brións
| Andrea Nunes Brións | |
|---|---|
| Andrea Núñez nun recital. | |
| Nacemento: | 1984 (28 anos) Marín, Pontevedra |
| Lingua: | Galego |
| Xénero(s): | Poesía |
Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións[1], nada en Marín en 1984, é unha escritora galega.
Índice |
[editar] Traxectoria
Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero e a lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais).
A súa última obra Todas as mulleres que fun, publicada en 2011, é un poemario ilustrado por Annet Borrás de temática erótica e de crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica.
[editar] Obra
[editar] Poesía
- Corrente do esquecemento. Santiago de Compostela: Aturuxo, 2007.
- Todas as mulleres que fun. Santiago de Compostela: Corsárias, 2011.
[editar] Obras colectivas
- XXV Festival da Poesia no Condado. Sem as mulheres nom há revoluçom. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2011.
- A cidade na poesía galega do século XXI. Noia: Toxosoutos, 2012.
[editar] En colaboración coas Candongas do Quirombo
- Agora ti. (video-poema)
- A memoria da lingua. (documental)
- Todas as mulleres que fun. (video-poema)
- E derivados. (poema da autora musicado)