Andrea Nunes Brións

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Andrea Núñez»)
Infotaula de personaAndrea Nunes Brións

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento13 de abril de 1984 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Marín, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , escritora Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 2130896
Andrea Nunes Brións no II Congreso LGBTIQ+, 2023.

Andrea Núñez Briones, coñecida tamén como Andrea Nunes Brións,[1] nada en Marín o 13 de abril de 1984,[2] é unha escritora galega.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 2009. É unha activista política e feminista. A súa obra céntrase no ensaio e no xénero poético, está escrita na súa maior parte en lingua galega e é de carácter marcadamente feminista. Colabora de maneira activa en publicacións e proxectos relacionados co xénero, diversidade e lingua. Pertence ao grupo As Candongas do Quirombo e a Plataforma de Crítica Literaria A Sega

Os seus versos foron publicados en numerosas revistas, xornais e libros colectivos. O seu primeiro poemario Corrente do esquecemento apareceu en 2007 editado por Aturuxo (Federación Galega de Asociacións Lésbicas, Gais, Bisexuais e Transexuais). En 2011 publicou Todas as mulleres que fun, foi finalista nos premios AELG, é un poemario ilustrado por Annet Borrás onde fai unha crítica contra o capitalismo, o patriarcado e a falta de consciencia ecolóxica. No 2018 escribe conxuntamente con María Rosendo, Diáspora do amor balea gañando o XII premio de poesía erótica Illas Sisargas do 2017.  O seu último poemario Esta disidencia que habitamos é unha antoloxía bilingüe en español e galego, editada por Librefeminista (Madrid) libro no que coexiste cos textos da autora clásica Renée Vivien.

Foi profesora durante seis anos en diferentes partes de China: Universidade de Nanjing, Universidade Normal de Changchun e en Xi´an Jiaotong Liverpool University.  En Italia, traballou na Università de Ca´Foscari en Venecia e ao seu regreso a Galicia no Centro de Linguas da Universidade da Coruña. Na actualidade é profesora de ensino secundario en Santiago de Compostela e imparte diferentes obradoiros sobre escrita creativa e diversidade.

Obra[editar | editar a fonte]

Poesía[editar | editar a fonte]

  • Corrente do esquecemento (Aturuxo, 2007)
  • Todas as mulleres que fun (Corsárias, 2011)
  • Diáspora de amor balea (Caldeirón, 2018; con María Rosendo Priego)
  • Esta disidencia que habitamos. Antoloxía bilingüe esp/gal (Librefeminista editora, 2023)

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Sem as mulheres nom há revoluçom. XXV Festival da Poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2011.
  • Mulheres entre poesía e luita (AMC). Assembleia de Mulheres do Condado. 2011
  • A cidade na poesía galega do século XXI. Noia: Toxosoutos, 2012.
  • Como cantan las piedras. Ed. Isla Negra, Puerto Rico, 2012
  • Guía viva de ortodoxos y heterodoxos en la poesía gallega contemporánea. Ed. Endimión. 2012
  • Versus cianuro. Poemas contra a mina de ouro de Corcoesto. Malpica de Bergantiños: A. C. Caldeirón, 2013.
  • Cuestión social. Literatura, cine y prensa. Estudios de Comunicación Social. Andavira Editora. 2013
  • Prólogo del libro Do amor e outras mariconadas de Ricardo de Barreiro, Ed. Toxosoutos.
  • 150 Cantares para Rosalía de Castro, 2015, libro electrónico.
  • De Circes e Morganas. Homenaxe das escritoras a Begoña Caamaño. 2015, libro electrónico.
  • 13. Antología de la poesía gallega próxima. (ed) María Xesús Nogueira. Edición bilingüe. Compostela/Madrid. Chan da pólvora & Papeles mínimos. 2017
  • Que nom te silenziem. XXXII Festival da poesia no Condado. Salvaterra de Miño: S. C. D. Condado, 2018.
  • Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais. Proxecto Batefogo. Catro Ventos. 2019
  • Poetízate. Cood Fran Alonso. Xerais 2018.
  • Prólogo do libro Entrecontar de Yolanda Aldrei, Através Editora, 2020
  • Nxs, as inadaptadxs. Representações, desejos e histórias lgbtiq na Galiza Através Editora.
  • 15 voces da nova poesía galega. Edición día das letras galegas. Gadis, 2021.
  • Poetas gallegos y portugueses. Ateneo de Pontevedra/ Deputación de Pontevedra, 2021
  • Alguén que Respira! Corpos, Disidencias e desexos. Xunta de Galicia- Concello de Santiago, 2022
  • Prólogo do libro Ex Céntricas de Anxela Lema e Sara Villar (Fetiche ed.)
  • Somos pandeireteiras. (ed) Natalia Balseiro, libro electrónico. 2022
  • Antoloxía Biosbarda para Parche. Ruín Alteredicións e Asociación Protectora de Animais Os Biosbardos, 2022
  • Prólogo de Feitas ao Sisel de Diana Kurich, Editorial Caldeirón, 2023

Ensaio[editar | editar a fonte]

En colaboración coas Candongas do Quirombo[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Hemeroteca de Galicia Hoxe". Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2019. Consultado o 11 de abril de 2011. 
  2. "Núñez Briones, Andrea (1984-)". Biblioteca nacional de España. 
  3. "Andrea Nunes e María Rosendo gañan o Illas Sisargas de poesía erótica". Sermos Galiza. 4 de novembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 05 de novembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]