Andrea Iannone

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andrea Iannone
Andrea Iannone, á dereita, no Gran Premio de Australia do 2010.
Nome Completo Andrea Iannone
Nacemento Vasto,09 de agosto de 1989 (23 anos)
Apodos "Crazy Joe" o "The maniac Joe"
Nacionalidade Italia Italia
Categoría actual MotoGP
Nº Moto 29
Equipo actual Pramac Ducati Team
Campionatos mundiais 0
Vitorias 12
  • 8 en Moto2
  • 4 en 125cc
Podios 24
  • 19 en Moto2
  • 5 en 125cc
Pole positions 8
  • 5 en Moto2
  • 3 en 125cc
Voltas rápidas 14
  • 13 en Moto2
  • 1 en 125cc
Mellor posición final en Moto2 (2010, 2011 y 2012)

Andrea Iannone nado en Vasto, Italia, o 9 de agosto de 1989 é un piloto profesional de motos que corre actualmente en MotoGP cunha Ducati Pramac e é compañeiro de equipo do estadounidense Ben Spies.

Biografía[editar | editar a fonte]

Andrea comezou a destacar como bo piloto en campionatos italianos e españois, e en 2005 realizaría a súa primeira fichaxe por Aprilia para disputar a tempada completa. No año siguinte (2006) fracturouse dúas vértebras, o que lle condicionou toda o curso. Foi no 2008, no GP de China, onde consiguiu a súa primeira victoria coma profesional na categoría de 125cc.

Tempada 2009[editar | editar a fonte]

En 2009 comezou dunha maneira espectacular, con dúas victorias consecutivas,[1] que o poñían como o líder do Campionato e serio aspirante ao título, pero a súa inexperiencia e a súa irregularidade relegárono á séptima posición do campionato ao rematar a tempada.

Neste mesmo ano prodúxose un dos incidentes máis significativos da súa carreira deportiva, no Gran Premio de San Marino derribou na última curva a Pol Espargaró, que ia primeiro despois de remontar 13 posicións. Prodúxose un rifirrafe entre eles, durante o cal Espargaró golpeou e rompeu á cúpula da moto de Iannone, e éste reaccionou dandolle un cabezazo a Espargaró co casco posto. Despois, o piloto italiano díxolle á prensa: Eu non lle toquei porque me da noxo. Os españois son así, él quería gañar e eu tamén. Disgustame telo tirado, porque non o fixen a propósito. Se me conformase co segundo posto non pasaría isto, pero quería gañar. Por este suceso, sancionaron a Iannone con 5.000 dólares e foi duramente criticado polos medios de comunicación, causando a perda dalgún patrocinador. Na siguiente carreira, en Estoril, Iannone disculpouse con Espargaró.[2]

Tempada 2010[editar | editar a fonte]

Na tempada 2010, Andrea Iannone correu na nova categoría de Moto2. Este ano fichou polo equipo Aprilia onde compartiu equipo con Gabor Talmacsi. Despois dun comenzo lento, consiguiu vitorias en Mugello e Assen. Porén foi sancionado en Barcelona, ​​cando recibiu unha penalización "ride-through" por adiantar a Yuki Takahashi baixo condicións de bandeira amarela. A continuación, pasou a gañar de novo en Motorland Aragón, unha pista nova no calendario de MotoGP en 2010. Rematou terceiro no Mundial, conseguindo 3 vitorias e 5 podios.

Tempada 2011[editar | editar a fonte]

No ano 2011, Iannone firmou polo equipo Speed Master Team, do que é socio seu pai, sendo o único piloto do equipo. Rematou a tempada rematou no terceiro posto do mundial de Moto2 por detrás de Stefan Bradl e Marc Márquez, tras gañar a Alex de Angelis na última carreira da tempada (Valencia) e así lograr 3 vitorias e 6 podios.

Tempada 2012[editar | editar a fonte]

Na tempada 2012 seguiu no mesmo equipo (Speed Master Team) e rematou a tempada en Moto2 quedando terceiro no Mundial, por detrás de Pol Espargaró e Marc Márquez. En setembro dese ano anunciou que para a próxima tempada correría en MotoGP cunha Ducati Pramac e sería compañeiro de equipo do estadounidense Ben Spies.[3]

Estadísticas[editar | editar a fonte]

Tempadas[editar | editar a fonte]

Tempada Categoría Equipo Moto Carreiras Vitorias Podios Pole Puntos Posicións
2005 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 15 0 0 0 20 20º
2006 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 11 0 0 0 15 22º
2007 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 17 0 0 0 26 20º
2008 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 17 1 1 1 106 10º
2009 125cc Aprilia Aprilia RSV 125 16 3 4 2 122.5
2010 Moto2 Speed Up FTR Moto M210 17 3 8 5 199
2011 Moto2 Suter Suter MMXI 17 3 6 0 177
2012 Moto2 Speed Up Speed Up 12 2 5 0 165
2013 MotoGP Ducati Ducati Pramac
Total 122 12 24 8 830.5

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Andrea Iannone Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]