Andrea Andrés Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrea Andrés Sánchez
Biografía
Nacemento15 de xaneiro de 1835 Editar o valor em Wikidata
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Morte13 de xullo de 1909 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeMatías López López

Andrea Andrés Sánchez, nada en Madrid o 15 de xaneiro de 1835 e finada ibídem o 13 de xullo de 1909,[1] foi unha benefactora do concello de Sarria.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Casou co industrial e político sarriao Matías López López. Cumprindo o mandato contido no codicilo polo que don Matías legara a Sarria unhas Escolas Públicas, emprendeu, axudada polas súas fillas e xenros, as xestións conducentes a facer realidade esa filantrópica doazón.

O 2 de setembro de 1896 estivo presente no acto de beizón e entrega das Escolas Públicas ó concello de Sarria, edificio que na actualidade ocupa a Casa da Cultura, para o que fixo aínda maior apartación da sinalada na vontade testamentaria. En 11 de maio de 1905 comprou a leira Cortiña do Mazadoiro para dedicala á dotación dun Hospital, encargando o proxecto a Valentín Roca Carbonell, da Academia de Belas Artes de San Fernando, presupostando para as obras 54.500 pesetas. Dotouno co material máis imprescindible e cun cadro alegórico da caridade.

Baixo o nome de Hospital Municipal da Nosa Señora do Carme, e complementado máis adiante como asilo de anciáns, estivo en funcionamento ata 1980, sendo derrubado e alzada no terreo a residencia de anciáns actual. Recibiu o título de Marquesa de Casa López por concesión pontificia.

Foi nomeada filla adoptiva e predilecta de Sarria, e unha rúa leva o seu nome.

Notas[editar | editar a fonte]