Andrónico II Paleólogo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andrónico II Paleólogo (1260 - 13 de febreiro de 1332), emperador bizantino, foi o fillo maior de Miguel VIII Paleólogo, a quen sucedeu en 1282. Reinou ata 1328.

Durante o seu reinado, deixou que a flota, que o seu pai organizara, entrase en decadencia, e deste xeito ao imperio resultoulle máis difícil opoñerse ás demandas de tributo por parte das potencias rivais de Venecia e Xénova.

Na súa época, os turcos otománs baixo Osman I conquistaron case toda Bitinia. Para loitar contra eles, o emperador pediu axuda ao catalán Roger de Flor, capitán dun rexemento de mercenarios aragoneses e cataláns coñecidos como os Almogávares. Os turcos foron derrotados, pero Roger de Flor converteuse nun inimigo de talla similar para o poder imperial. Roger foi asasinado polo fillo de Andrónico e co-emperador (ao que a miúdo se coñece como Miguel IX, aínda que nunca reinou no seu propio nome) en 1305. Os almogávares, mercenarios de Roger de Flor (tamén coñecidos como a Gran Compañía Catalá ou, en catalán, a Companyia Catalá) declararon a guerra a Andrónico e, tras devastar Tracia e Macedonia, conquistaron o Ducado de Atenas e Tebas.

A partir de 1320, o emperador estivo en guerra co seu neto Andrónico. Abdicou en 1328 e morreu en 1332.

En 1274 casou con Ana de Hungría, filla do rei Estevo V, con quen tivo dous fillos:

  1. Miguel IX Paleólogo
  2. Constantino

Trala morte desta en 1281, Andrónico casou con Iolanda, filla de Guillerme IX de Montferrato, que tomou o nome de Irene e lle deu catro fillos:

  1. Xoán (h. 1286 - 1308)
  2. Teodoro I, marqués de Montferrato (1291 - 1338)
  3. Demetrio (morreu logo de 1343)
  4. Simonis (1294 - logo de 1336), que casou co rei de Serbia, Estevo II Urosh Milutin

Tamén tivo, polo menos, dúas fillas ilexítimas:

  1. Irene, esposa de Xoán II, déspota de Tesalia
  2. María, esposa de Tokhta ou Tojta, khan da Horda de Ouro



Imperio Bizantino

Segue a:
Miguel VIII Paleólogo
Andrónico II Paleólogo
Precede a:
Andrónico III Paleólogo
Dinastía Paleólogo