Andrés Ocaña Rabadán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAndrés Ocaña Rabadán

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de abril de 1954 Editar o valor em Wikidata
Aguilar de la Frontera, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de marzo de 2017 Editar o valor em Wikidata (62 anos)
Córdoba, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Infarto agudo de miocardio Editar o valor em Wikidata)
Alcalde de Córdoba
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Córdoba Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , mestre Editar o valor em Wikidata
Partido políticoIzquierda Unida Los Verdes-Convocatoria por Andalucía
Izquierda Unida
Partido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Andrés Ocaña Rabadán, nado en Aguilar de la Frontera en 1955, é un político andaluz. Desde 2009 até 2011, e tras a dimisión de Rosa Aguilar, exerceu o cargo de alcalde de Córdoba.[1]

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Diplomado en Maxisterio, coa especialidade de Xeografía e Historia. Residente en Córdoba desde hai tempo, comezou exercendo o seu labor como mestre no colexio do barrio de Las Moreras, para pouco a pouco ir migrando até dedicarse totalmente á política. Foi membro do Consello Local de Esquerda Unida en Córdoba así como membro do Consello Provincial. Tamén foi, canda outros (Julio Anguita, Félix Ortega etc), membro fundador do sindicato USTEA.

Obtivo a súa primeira acta de concelleiro no Concello de Córdoba en 1995. Durante esta lexislatura, 1995-1999, foi portavoz de IULV- CA na Deputación de Córdoba.

Repetiu nas eleccións de 1999 e formou parte do equipo de goberno municipal de Rosa Aguilar ocupando a Área de Infraestruturas, entre outras responsabilidades.

Entre os anos 2003 e 2007 é primeiro tenente de alcalde e delegado de Urbanismo así como presidente da Empresa Municipal de Vivendas (Vimcorsa) e de Procórdoba S.A, sendo elixido portavoz municipal do grupo de Esquerda Unida no Concello de Córdoba.

Tras as eleccións de 2007, mantén a súa acta de concelleiro, a delegación de Urbanismo e a presidencia da Xerencia Municipal de Urbanismo e de Procórdoba, sendo nomeado segundo tenente de alcalde.

O 7 de maio de 2009 é elixido alcalde de Córdoba, substituíndo a Rosa Aguilar, que renunciara o 23 de abril tras ser nomeada Conselleira de Obras Públicas da Xunta de Andalucía.

Nas eleccións municipais celebradas o 22 de maio de 2011, e tras os resultados obtidos polo PP (maioría absoluta), presentou a súa renuncia de ser concelleiro anunciando a súa retirada da política institucional.

Notas[editar | editar a fonte]

Predecesor:
Rosa Aguilar

Alcalde de Córdoba

2009-2011
Sucesor:
José Antonio Nieto