André Greipel
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
André Greipel en 2009.
André Greipel, nado o 16 de xullo de 1982 en Rostock, é un ciclista de Alemaña. Fíxose profesional en 2005 no modesto equipo Wiesenhof, asinando ó ano seguinte co poderoso T-Mobile. En 2008 marchou para o Columbia-HTC, e en 2011 pasou a defender as cores do Omega Pharma-Lotto.
Índice |
Palmarés [editar]
Greipel é un notable sprinter, con vitorias nas tres Grandes Voltas, e algún triunfo en carreiras dunha semana. Adoita loitar polas clasificacións por puntos da regularidade. Os éxitos mais salientables da súa carreira son:
- 4 vitorias de etapa no Tour de Francia (1 en 2011 e 3 en 2012).
- 2 vitorias de etapa no Giro de Italia (1 en 2008 e 1 en 2010).
- 4 vitorias de etapa na Vuelta a España (as 4 en 2009).
- Gañador do Tour Down Under en 2008 e 2010.
- Bronce no Mundial de ciclismo en ruta de 2011.
Equipos [editar]
- Team Wiesenhof (2005)
- T-Mobile Team (2006-2007)
- Team HTC-Columbia-High Road (2008-2010)
- Omega Pharma-Lotto (2011-2012)