Andorra a Vella - Andorra la Vella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Andorra a Vella - Andorra la Vella
Escut d'Andorra la Vella.svg Flag of Andorra la Vella.png
Situación xeográfica
Andorra la Vella.png
Estado: Andorra Andorra
Rexión:
Subrexión:
Parroquia: Andorra la Vella
Xeografía
Altitude: 1.013 msnm
Superficie: 12 km²
Poboación
Poboación total: 24.574 hab. (2007)
Densidade de poboación: 2008 hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal: AD500
Alcalde: Rosa Ferrer
Sitio na web: www.comuandorra.ad


Andorra a Vella (en catalán: Andorra la Vella) é a capital do Principado de Andorra, forma unha das sete parroquias nas que se divide o país.

Vista panorámica da cidade

Ten 12 km² e 20.724 habitantes (2002), situada na confluencia dos ríos Valira d'Ordino e Valira d'Encamp a 1.013 m de altitude. Forma una aglomeración urbana duns 40.000 habitantes coas poboacións de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur.
A industria principal é o turismo, aínda que tamén destacan o comercio e os rendementos do capital estranxeiro depositado nas súas oficinas bancarias. Prodúcense mobles, tabaco e coñac.
O edificio mías emblemático da cidade é a Casa de la Vall, do século XVI, sede do Consello Xeral (Consell General) dende 1702 e con preciosas pinturas murais.

A igrexa parroquial está dedicada a Santo Estebo, conserva a ábsida e o campanario románicos do século XI. Ao sur da cidade está a igrexa románica de Santa Coloma, co campanario circular.

Índice

[editar] Historia

Hai constancia de poboamento na rexión dende antes da era cristiá. Menciónase a parroquia de Andorra pola primeira vez na acta de consagración da catedral de Seu de Urgell, no ano 839. É a capital do principado dende 1278, despois de que o Obispado de Urgell e o Condado de Foix decidisen compartir a soberanía do territorio andorrano.

O ano 1978 Escaldes-Engordany separouse da parroquia de Andorra.

En 1993 a nova Constitución estableceu un parlamento democrático, con sistema executivo, lexislativo e xudicial, todos situados na cidade.

[editar] Turismo

[editar] Edificios e monumentos

  • Casa de la Vall. Un dos edificios máis emblemáticos da cidade, é unha casa-forte do século XVI que actualmente serve ao Consell General (parlamento andorrano) desde 1702.
  • Igrexa de Santo Estevo. Igrexa parroquial que conserva o atrio e o campanario románicos do século XI. O resto, son remodelacións feitas con posterioridade, as máis significativas, nos anos 1940 a cargo do arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.
  • Igrexa de Santa Coloma. Edificio prerrománico situado ao sur da parroquia, en Santa Coloma d'Andorra. Ten un campanario circular.
  • Pont de la Margineda. Ponte románico que cruza o río Valira. Situado ao norte, na antiga aldea da Margineda -practicamente limítrofe coa parroquia de Sant Julià de Lòria- trátase da ponte medieval máis grande dos que se conservan no Principado.
  • Castelo e igrexa de Sant Vicenç d'Enclar. Situado a 1.126 metros de altura, por encima de Santa Coloma d'Andorra. Complexo medieval, antigamente fortificado, que se levantou sobre construcións romanas entre os séculos VII e VIII.

[editar] Economía

Rúsa do centro de Andorra a Vella.

A principal fonte de ingresos é o turismo, así como o comercio e o sistema bancario no que non se pagaba impostos (xa que agora hai un novo imposto chamado ISI do 4%), factor que favorece os investimentos estranxeiros. Tamén se producen bens de consumo como mobles, tabaco e coñac.

[editar] Transportes

A cidade non conta con aeroporto propio atopándose a tres horas dos aeroportos máis próximos, situados en: Toulouse, Xirona, Perpiñán, Lleida e Barcelona. Este é o resultado da súa poboación pequena e o seu territorio moi montañoso. Ademais, non ten estación de tren, aínda que hai un servizo de autobús que une a cidade coa estación de tren francés en L'Hospitalet-près-l'Andorre, que conta con servizos de longo percorrido a París e tamén ao aeroporto de Barcelona de Barcelona.

[editar] Véxase tamén

Andorra La Vella
Parroquias de Andorra

Andorra a Vella | Canillo | Encamp | Escaldes-Engordany | La Massana | Ordino | Sant Julià de Lòria


[editar] Ligazóns externas

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:
Ferramentas persoais
Espazos de nomes
Variantes
Accións
Navegación
Imprimir/exportar
Caixa de ferramentas
Outras linguas