Andorra a Vella

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°30′27.11″N 01°31′18.54″E / 42.5075306°N 1.5218167°E / 42.5075306; 1.5218167

Andorra a Vella
Andorra la Vella (en catalán)
Flag of Andorra la Vella.png Escut d'Andorra la Vella.svg
Andorra la Vella 3.JPG
Situación xeográfica
Andorra a Vella en Andorra
Andorra a Vella
Andorra a Vella
País Andorra Andorra
Parroquia Andorra a Vella
Xeografía
Altitude 1.013 msnm
Superficie 12 km²
Poboación
Poboación 24.574 hab. (2007)
Densidade 2008 hab/km²
Xentilicio Andorrano/a
Información
Código postal AD500
Alcalde Rosa Ferrer
Páxina web www.comuandorra.ad

Andorra a Vella (en catalán: Andorra la Vella e en francés: Andorre-la-Vieille) é a capital do Principado de Andorra, forma unha das sete parroquias nas que se divide o país, sendo a máis pequena en superficie e tamén a máis poboada.

Vista panorámica da cidade

Ten 12 km² e 24.574 habitantes (2007), situada na confluencia dos ríos Valira d'Ordino e Valira d'Encamp a 1.013 m de altitude. Forma una aglomeración urbana duns 40.000 habitantes coas poboacións de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur.
A industria principal é o turismo, aínda que tamén destacan o comercio e os rendementos do capital estranxeiro depositado nas súas oficinas bancarias. Prodúcense mobles, tabaco e coñac.
O edificio mías emblemático da cidade é a Casa de la Vall, do século XVI, sede do Consello Xeral (Consell General) dende 1702 e con preciosas pinturas murais.

A igrexa parroquial está dedicada a Santo Estebo, conserva a ábsida e o campanario románicos do século XI. Ao sur da cidade está a igrexa románica de Santa Coloma, co campanario circular.

Historia[editar | editar a fonte]

Hai constancia de poboamento na rexión dende antes da era cristiá. Menciónase a parroquia de Andorra pola primeira vez na acta de consagración da catedral de La Seu d'Urgell, no ano 839. É a capital do principado dende 1278, despois de que o Obispado de Urgell e o Condado de Foix decidisen compartir a soberanía do territorio andorrano. O sobrenome de "a Vella", derivado de "a Vila", engadiuse posteriormente para diferenciala do Principado.

O ano 1978 Escaldes-Engordany separouse da parroquia de Andorra.

En 1993 a nova Constitución estableceu un parlamento democrático, con sistema executivo, lexislativo e xudicial, todos situados na cidade.

Andorra a Vella optou a ser a sede dos Xogos Olímpicos de Inverno de 2010, que finalmente se celebraron en Vancouver (Canadá).

Demografía[editar | editar a fonte]

A cidade de Andorra a Vella forma unha aglomeración urbana duns 50.000 habitantes xuntamente coas parroquias de Escaldes-Engordany ao leste e Sant Julià de Lòria ao sur. Esta aglomeración esténdese en sentido lonxitudinal seguindo o trazado da estrada.

Andorra a Vella conta con 24.574 habitantes, segundo o censo de 2007. A poboación está composta por un 43% de cidadanos españois, 33% de andorranos, 11% de portugueses, e 7% de franceses, máis algunhas outras comunidades minoritarias.

A parroquia está formada por dúas entidades de poboación: Andorra la Vella e Santa Coloma.

Evolución demográfica
1865 1947 1965 1985 1995 2005
1.100 1.975 8.833 17.201 21.984 23.587

Turismo[editar | editar a fonte]

Edificios e monumentos[editar | editar a fonte]

  • Casa de la Vall. Un dos edificios máis emblemáticos da cidade, é unha casa-forte do século XVI que actualmente serve ao Consell General (parlamento andorrano) desde 1702.
  • Igrexa de Santo Estevo. Igrexa parroquial que conserva o atrio e o campanario románicos do século XI. O resto, son remodelacións feitas con posterioridade, as máis significativas, nos anos 1940 a cargo do arquitecto modernista Josep Puig i Cadafalch.
  • Igrexa de Santa Coloma. Edificio prerrománico situado ao sur da parroquia, en Santa Coloma d'Andorra. Ten un campanario circular.
  • Pont de la Margineda. Ponte románico que cruza o río Valira. Situado ao norte, na antiga aldea da Margineda -practicamente limítrofe coa parroquia de Sant Julià de Lòria- trátase da ponte medieval máis grande dos que se conservan no Principado.
  • Castelo e igrexa de Sant Vicenç d'Enclar. Situado a 1.126 metros de altura, por encima de Santa Coloma d'Andorra. Complexo medieval, antigamente fortificado, que se levantou sobre construcións romanas entre os séculos VII e VIII.

Economía[editar | editar a fonte]

Rúa do centro de Andorra a Vella.

A principal fonte de ingresos é o turismo, así como o comercio e o sistema bancario no que non se pagaba impostos (xa que agora hai un novo imposto chamado ISI do 4%), factor que favorece os investimentos estranxeiros. Tamén se producen bens de consumo como mobles, tabaco e coñac.

Transportes[editar | editar a fonte]

A cidade non conta con aeroporto propio atopándose a tres horas dos aeroportos máis próximos, situados en: Tolosa, Xirona, Perpiñán, Lleida e Barcelona. Este é o resultado da súa poboación pequena e o seu territorio moi montañoso. Ademais, non ten estación de tren, aínda que hai un servizo de autobús que une a cidade coa estación de tren francés en L'Hospitalet-près-l'Andorre, que conta con servizos de longo percorrido a París e tamén ao aeroporto de Barcelona.

Cidades irmandadas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]


Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Andorra a Vella