Andijon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Andizhan")

Coordenadas: 40°47′N 72°20′W / 40.783°N 72.333°W / 40.783; -72.333

Andijon
Situación xeográfica
Uz-map.png
País Uzbequistán Usbequistán
Provincia Andizhan
Xeografía
Altitude 491 msnm
Superficie 76 km²
Poboación
Poboación 580.619 hab. (2012)
Densidade 7600 hab/km²
Información
Código postal 170100-170138
Alcalde
Páxina web

Andijon (en usbeco e oficialmente; en rusoАндижан, tr. "Andizhan") é unha cidade de Usbequistán, capital da provincia de Andizhan. En 2012 tiña 580.619 habitantes, e está localicada no val de Ferghana, preto da fronteira con Quirguisia.

Historia[editar | editar a fonte]

Andizhan foi unha importante parada na ruta da seda, a medio camiño entre Kashgar e Khodjend. É o lugar de nacemento de Zahiruddin Babur, o fundador da dinastía Mongol da India, en 1483. Rusia tomou a cidade en 1876, durante a campaña que o Xeneral Slobelev efectou para suprimir unha insurrección contra o Khan de Kokand. En 1898 a rexión de Andizhan sublevouse contra Rusia, a gornición rusa da cidade conseguíu sofocala con moi poucas baixas. En 1902 un terremoto derrubou a maioría dos edificios da cidade.

Economía[editar | editar a fonte]

Andizhan é un centro industrial nunha área de regadío que produce froitas, algodón e seda.