Anders Beer Wilse

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAnders Beer Wilse

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1865 Editar o valor em Wikidata
Flekkefjord, Noruega (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte21 de febreiro de 1949 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
Oslo, Noruega Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaKragerø kirkegård (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeNoruega Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfotógrafo Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1886 Editar o valor em Wikidata - 1938 Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosRobert Charles Wilse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsJacob Nicolai Wilse (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Anders Beer Wilse en 1892 en Seattle

Anders Beer Wilse, nado en Flekkefjord o 12 de xuño de 1865 e finado en Oslo o 21 de febreiro de 1949, foi un fotógrafo noruegués, coñecido por documentar Noruega na primeira metade do século XX.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anders era fillo do enxeñeiro civil Lauritz Marius Wilse e de Karoline Dorothea Beer, medrou na vila de Kragerø, e xa navegaba desde os trece anos, graduándose na Horten Tekniske Skole de Horten en 1882. En 1884 emigrou aos Estados Unidos e alí en 1886 mercou a súa primeira cámara. Nese país traballou como enxeñeiro ferroviario e cartógrafo para a Servizo Xeolóxico dos Estados Unidos. En 1897 estableceu un negocio de fotografía en Seattle e en 1901 volveu a Noruega coa súa dona e os seus fillos, establecido en Cristianía dedicouse por enteiro á fotografía. Polo seu traballo mereceu en 1925 a Medalla do Mérito Real en ouro. Tamén publicou os libros 1936 En emigrants ungdomserindringer (1936) e Norsk landskap og norske menn 1943.

Actividade fotográfica[editar | editar a fonte]

Anders viaxou por toda Noruega captando paisaxes e motivos turísticos, na procura da beleza como motivo postal e tamén da idílica vida rural, chegando coa súa cámara de 10 kg ata os lugares máis inaccesibles, mesmo ata Svalbard. Contou coa axuda do seu fillo Robert Charles Wilse que herdou o negocio familiar ata o seu peche en 1957/58.[1] A partir de 1909 deu tamén conferencias sobre a vida norueguesa a partir das súas fotografías e tamén fotografou a numerosos personaxes coñecidos da vida artística, social e política norueguesa.

Arquivo fotográfico de Wilson[editar | editar a fonte]

Wilse mercou fotografías do de Axel Lindahl tiradas nas décadas de 1880 e 1890, utilizándoas canda as súas. Logo da desaparición do seu negocio fotográfico o arquivo fotográfico de Wilse consistía en 200.000 negativos, que se venderon esparexéndose por varios museos e coleccionistas. O Museo do Pobo Noruegués conta coa meirande colección de Wilse, con 86.000 negativos e 369 álbums. O Museo da Cidade de Oslo ten unha gran colección de fotografías de Oslo e o Museo Marítimo Noruegués de navíos. A Biblioteca Nacional de Noruega conta con retratos. Tamén hai arquivos de Wilson no Museo Preus, no Museo Técnico Noruegués e no Museo Nacional de Arte, Arquitectura e Deseño. Manteñen arquivos dixitais o DigitaltMuseum, Oslobilder e Galleri NOR.

Fotografías[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bonge, Susanne (1980) Eldre norske fotografer. Fotografer og amatørfotografer i Norge frem til 1920. Bergen, pp. 427-428.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]