Andaina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Andaina
PaísEspaña
Lugar de publicaciónSantiago de Compostela
Lingualingua castelá
Fundación1983
Circulación
ISSN2483-6346
OCLC436551242
Na rede
http://www.andainamulleres.org/
editar datos en Wikidata ]

Andaina é unha revista galega editada en Santiago de Compostela dende 1983 promovida pola Asociación Galega da Muller.[1]

Historia e características[editar | editar a fonte]

Subtitulada Revista do movimento feminista-Galicia, apareceu en xaneiro de 1983 da man das organizacións que formaron a Coordinadora Nacional de Organizacións Feministas (CNOF). Na súa primeira fase (1983-1991) os seus contidos estaban moi vinculados ás campañas e debates das organizacións que lle deron pulo. Estaba dirixida por Nanina Santos. En 1991 iniciou unha segunda época co subtitulo Revista galega de pensamento feminista dirixida por Ana Arellano. Cun formato de novo deseño, aborda temas de información e reflexión feminista máis diversos, redactada integramente en galego. A diferenza da primeira época, non está directamente vinculada con ningunha organización.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Joel Gómez (10 de xaneiro de 2013). "La revista feminista «Andaina» celebra su continuidad tras 30 años en el mercado". La Voz de Galicia. Consultado o 1 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]