And did those feet in ancient time

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O prefacio a Milton, ilustrado polo propio Blake.

«Jerusalem» é un himno inglés que foi proposto como himno nacional de Inglaterra.[1] É considerado un dos símbolos máis representativos do país,[2] e unha das súas melodías máis coñecidas.[3]

A letra do himno está baseada nos catro versos que comezan con «And did those feet in ancient time» de William Blake, incluídos no prefacio do seu epopea Milton (1804), dedicado a John Milton,[4] a partitura de Hubert Parry foi engadida en 1916.

Así mesmo, foi un dos himnos cantados na abadía de Westminster para a voda real entre Guillerme de Cambridge e Catherine Middleton en 2011,[5] xunto con «Guide Me, O Thou Great Redeemer», elixido por Guillerme en homenaxe a súa nai, Diana de Gales,[6] finada en 1997.

Tamén adoita interpretarse anualmente na última noite das Proms, o festival musical de verán no Royal Albert Hall de Londres.

Letra[editar | editar a fonte]

Inglés Tradución

I.
And did those feet in ancient time
Walk upon England's mountains green:
And was the holy Lamb of God,
On England's pleasant pastures seen!

II.
And did the Countenance Divine,
Shine forth upon our clouded hills?
And was Jerusalem builded here,
Among these dark Satanic Mills?

III.
Bring me my Bow of burning gold;
Bring me my Arrows of desire:
Bring me my Spear: O clouds unfold!
Bring me my Chariot of fire!

IV.
I will not cease from Mental Fight,
Nor shall my Sword sleep in my hand:
Till we have built Jerusalem,
In England's green & pleasant Land

1.
E así andaron os pés do tempo antigo
polas verdes montañas de Inglaterra:
e así viron o santo Año de Deus,
polos agradables pastos de Inglaterra!

2.
E brillou a Divina Faciana
por riba dos nosos montes anubados?
E construíuse Xerusalén aquí,
entre estes escuros Muíños Satánicos?

3.
Traédeme o Arco de ouro ardente;
traédeme as Frechas de desexo;
traédeme a pica: abrídevos, nubes!
Traédeme o carro de lume!

4
Non abandonarei a batalla mental,
nin se me durmirá a espada na man:
Ata que construamos Xerusalén
na verde e agradable terra inglesa.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. (en inglés) «England announce victory anthem for Delhi chosen by the public!» Arquivado 11 de xuño de 2011 en Wayback Machine. Commonwealth Games England. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  2. (en inglés) «Tea and Alice top 'English icons'.» BBC. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  3. Burton, Anthony. (en inglés) Ficha biográfica de Parry. BBC. Consultado o 5 de xaneiro de 2014
  4. Blake, William (1804) (en inglés) Milton a Poem, copy B object 2. The William Blake Archive. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  5. (en inglés) «Royal Wedding: Prince William and Kate Middleton choose popular hymns.», The Telegraph. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.
  6. «El eterno recuerdo de Diana de Gales en el día más importante en la vida del príncipe Guillermo.» Arquivado 05 de febreiro de 2015 en Wayback Machine. ¡Hola!. Consultado o 5 de xaneiro de 2014.