Anatolii Marienhof

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Anatoli Marienhof»)
Infotaula de personaAnatolii Marienhof

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de xuño de 1897 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata
Nizhnii Novgorod, Rusia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xuño de 1962 Editar o valor em Wikidata (65 anos)
San Petersburgo, Rusia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Bogoslovskoe (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Ruso
Unión Soviética Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónguionista , escritor , prosista , dramaturgo , poeta , memorialista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1916 Editar o valor em Wikidata - 1962 Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeAnna Nikritina (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0547346 Allocine: 161485
Find a Grave: 64530807 Editar o valor em Wikidata

Anatolii Borisovich Marienhof (en ruso: Анатолий Борисович Мариенгоф), nado o 6 de maio de 1897 e finado o 24 de abril de 1962, foi un poeta, novelista e dramaturgo ruso. Unha das figuras principais do Imaxinismo, recordado na actualidade polas súas memorias que describen a vida literaria rusa de 1920s e a súa amizade con Sergei Esenin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anatolii Marienhof naceu nunha familia nobre en Nizhnii Novgorod. Tras a súa graduación no instituto en 1914 foi mobilizado e serviu durante a primeira guerra mundial na Fronte Oriental.

A carreira literaria de Marienhof empezou en 1918 cunha contribución nun almanaque publicado en Voronezh, nese ano tamén se trasladou a Moscova e coñeceu a Sergei Esenin e outros poetas moscovitas. Xuntos comezaron un novo movemento poético chamado Imaxinismo. Marienhof participou en todas as accións e publicacións imaxinistas, tamén publicou unha ducia de libros de poesía no período 1920-1928.

Marienhof gañou máis recoñecemento coa súa controvertida ficción: "A novela sen mentiras" (1927) e "Os cínicos" (1928). O primeiro noveliza a súa amizade con Sergei Esenin; o último é unha historia da vida dos intelectuais novos durante a revolución e o comunismo de guerra. Ámbolos dous recibiron duras críticas na prensa soviética.

Despois da publicación da súa última novela, "Homes afeitados", en 1930 en Berlín, Marienhof tan só escribiu para o teatro e máis tarde para a radio sen esperanza de publicar de novo.

Nos seus últimos anos, despois da morte de Stalin, Marienhof dedicouse a escribir as súas memorias que se publicaron décadas despois da súa morte.