Anatasa
| Anatasa | |
|---|---|
| Fórmula química: | TiO2 |
| Clase: | Óxido |
| Subclase: | {{{subclase}}} |
| Sistema cristalino: | Tetragonal - Ditetragonal Dipiramidal |
| Cor: | Marrón, anil, negro, verdoso, lila clara, gris |
| Brillo: | Adamantino, metálico |
| Dureza: | 5,5 a 6 - (escala de Mohs) |
| Fractura: | Sub-concoidea |
| Exfoliación: | Perfecta segundo {001} e {011} |
| Raia: | De branca a marela pálida |
| Densidade: | 3,9 g/cm3 |
A anatasa —tamén coñecida como octaedrita— é unha das cinco formas minerais do óxido de titanio (IV) ou dióxido de titanio (TiO2). A verba anatasa procede do grego ἀνάτασις anátasis ("extensión"), en alusión á lonxitude das caras piramidais, máis longas en relación ás súas bases que as de outros minerais tetragonais.
Índice |
[editar] Propiedades físicas e químicas
A anatasa pode ter cores moi variados, dende a marrón marelada até a anil e negra. A súa raia é clara, de cor branca ou branca-marelada. Como principais impurezas pode conter ferro, estaño, vanadio e niobio.
É insoluble en ácidos, polo que se pode limpar con ácidos diluídos. É infusible e cando se quenta por encima de 915 °C, a anatasa transfórmase en rutilo —outra forma mineral de TiO2—, o que deriva nun aumento da súa densidade até 4,1 g/cm3.
[editar] Propiedades cristalográficas
Ao igual que o rutilo, a anatasa cristaliza no sistema tetragonal. Aínda que o grao de simetría sexa o mesmo para ambas especies, non hai ningunha relación entre os ángulos interfaciais dos dous minerais, excepto na zona do prisma. A pirámide habitual da anatasa, paralela ás caras que teñen exfoliación perfecta, presenta un ángulo sobre o bordo polar de 82°9', moito maior que o correspondente ángulo do rutilo (56°52 ½'). O carácter alongado da pirámide foi o que inspirou ao mineraloxista René Just Haüyle para outorgarlle o nome de anatasa —"extensión" en grego— a este mineral en 1801. Ademais, existen importantes diferenzas físicas entre ambas especies minerais; a anatasa non é tan dura e é menos densa que o rutilo, e o seu brillo é máis adamantino.
A anatasa presenta dous tipos de hábitos cristalinos. O máis común consiste en dobres pirámides agudas simples de cor anil e brillo aceirado. O segundo tipo caracterízase pola existencia de numerosas caras piramidais, adoitando ser máis planas e ás veces prismáticas. Neste caso a coloración vai desde a marelo mel até a marrón. Ditos cristais teñen un aspecto moi similar aos de xenotima e, de feito, durante moito tempo considerouse que pertencían a esta especie. Esta clase de cristais abundan en Bourg-d'Oisans (Rhône-Alpes, Francia), depósito tipo da anatasa, onde se atopan asociados a cristais de rochas, feldespato e axinita en físgoas de granitos e micas-xistos.
[editar] Depósitos
Polo xeral a anatasa é un mineral secundario, proveniente doutros minerais portadores de titanio. Pódese encontrar en filóns alpinos, en rochas ígneas e metamórficas, así como en pegmatitas. Tamén é un mineral detrítico común.
Entre os principais depósitos cabe destacar os existentes nos Alpes, no val de Binn (Suíza) e en Rauris (Austria). Tamén hai diversos depósitos no estado de Minas Gerais (Brasil).
[editar] Aplicacións
No laboratorio pódense preparar cristais de anatasa mediante procesos sol-xel. Como exemplos, cabe citar a hidrólise controlada de tetracloruro de titanio (TiCl4) ou de alcóxidos de titanio. Estas anatasas sintéticas son de interese considerable para a fotocatálise e para celdas solares Graetzel dentro da enerxía fotovoltaica.