Anafi - Ανάφη
| Anafi - Ανάφη | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Anafi |
| País | Grecia |
| Localización | Mar Mediterráneo |
| Arquipélago | Cícladas |
| Linguas | Grego |
| Poboación (2001) | 273 hab. |
| Superficie | 40´370 km² |
| Densidade | |
| Coordenadas | 36°22′N 25°47′E / 36.367°N 25.783°E |
| Maior Altura | 584 m. Monte Kalamos |
| Localización | |
Anafi (grego: Ανάφη) é unha illa grega e unha comunidade das Cícladas . En 2001, tiña unha poboación de 273 habitantes. A súa superficie é de 40´370 km ². Atópase ao leste da illa de Santorini.
[editar] Historia
Segundo a mitoloxía, a illa recibiu o nome de Anafi, porque xorde das profundidades do mar para dar refuxio aos Argonautas dunha gran tormenta. Outros din que o nome débese á non existencia de serpes na illa "An Ofis" (sen serpes). A pesar do seu reducido tamaño, Anafi ofrece mitoloxía e interese arqueolóxico. No mosteiro de Panagia Kalamiotisa, hai ruínas dun templo construído como ofrenda ao deus Apolo Aegletus. Tamén se poden atopar ruínas en Kasteli e a maioría dos achados como estatuas están situadas no Museo Arqueolóxico na Chora (cidade), nun cuarto moi pequeno onde se almacenan as reliquias.
[editar] Xeografía
Anafi é moito máis que unha illa para camiñar. A través dos antigos camiños e ao redor dos outeiros escarpados, pódese camiñar ata o outro lado da illa. As praias máis populares son Klisidi e Roukounas. A península do extremo oriental da illa está dominada por un pico monolítico, o Monte Kalamos, entre os máis grandes do Mediterráneo 584 m.. Emprazado sobre a cima deste macizo está a igrexa de Kalamiotissa, reconstruída en gran parte logo dun terremoto na década de 1950.
[editar] Ligazóns externas
- Official website (en inglés) (en francés) (en italiano)