Anaconda común

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Anaconda común
Eunectes murinus.jpg
Estado de conservación
Status iucn3.1 LC gl.svg
Pouco preocupante
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Reptilia
Orde: Squamata
Suborde: Serpentes
Familia: Boidae
Subfamilia: Boinae
Xénero: Eunectes
Nome científico
Eunectes murinus
Wikispecies-logo.svg Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos

A anaconda común (Eunectes murinus) é un dos más formidables depredadores existentes no planeta. Cunha lonxitude que nas femias pode sobrepasar os sete metros de lonxitude (fálase moito de animais de dez ou máis metros, pero xamais se atopou unha que pasase dos oito metros), e un grosor que pode acadar os trinta centímetros, este animal formidable pode chegar a pesar ata douscentos cincuenta quilogramos. Cunha alimentación estritamente carnívora, pode chegar a engulir caimáns de talla media, capibaras adultas (o roedor máis grande que existe, con ata sesenta quilos de peso), felinos, etc.

Anaconda común

Habita á beira das augas ou mergullada en ríos e lagos, primordialmente nas cuncas do Amazonas e do Orinoco, pois ten unha grande habilidade natatoria. Animal ovovivíparo ten niñadas de 20 ou 40 exemplares que nacen en febreiro ou marzo[1]

Notas [editar]

  1. Robert Burton International Wildlife Encyclopedia, Marshall Cavendish, 2002, páxina 44