Anacleto, papa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Papas do século I |
|
|---|---|
|
|
|
|
Anacleto ou Cleto, coñecido logo como Santo Anacleto, falecido en Roma en 91, foi o terceiro papa (despois de Pedro e Lino). Exerceu de bispo de Roma entre os anos 79 e 91[1], se ben o Anuario Pontificio de 2003 moveu esas datas ao 80 e 92, respectivamente.
Moi pouco se sabe da súa vida. O Liber pontificalis di que era romano, pero sen máis probas, se ben outras fontes apuntan á súa orixe ateniense. Crese que el instaurou o réxime sacerdotal e os bispados, e que dividiu a cidade de Roma por primeira vez en 25 parroquias. Probablemente foi martirizado nos tempos do emperador Domiciano, e soterrado[2] cabo de Lino, o seu predecesor.
[editar] Santidade
Como todos os papas anteriores ao Edicto de Milán, foi considerado santo polo cristianismo. A súa festa celébrase en dous días distintos: como San Cleto o 26 de abril e como Santo Anacleto o 13 de xullo, aínda que fosen a mesma persoa, seguindo o Liber Pontificalis; porén Ireneo de Lión e Eusebio consideran que se facía referencia á mesma persoa.
[editar] Parroquias galegas
Non hai ningunha parroquia en Galicia con advocación a San Anacleto.
| Predecesor: Lino |
3º papa 79-91 |
Sucesor: Clemente I |
[editar] Referencias
- ↑ Donald Attwater. A Dictionary of Popes. The Catholic Book Club. Londres, 1939
- ↑ Find a Grave

