Ana de Orleans
| Ana de Orleans | |
|---|---|
| Duquesa consorte de Calabria, Condesa consorte de Caserta e Princesa de Francia. | |
| Nome completo | Ana Margarita Brígida María de Orleans e Orleans-Bragança |
| Nacemento | 4 de decembro de 1938 Woluwe-Saint-Pierre, Bruxelas, Bélxica |
| Predecesor | Alicia de Borbón-Parma |
| Sucesor | Sofía Landaluce e Melgarejo |
| Cónxuxe/s | Carlos de Borbón-Dúas Sicilias (1965 - actualidade) |
| Descendencia |
|
| Casa Real | Casa de Orleans |
| Dinastía | Dinastía de Borbón |
| Pai | Príncipe Henrique de Orleans, Conde de París |
| Nai | Princesa Isabel de Orleans-Braganza e Dobrzensky |
|
|
|
Ana de Orleans, nada en Woluwe-Saint-Pierre, Bélxica, o 4 de decembro de 1938, é unha princesa real de Francia da casa de Orleans e Duquesa de Calabria por matrimonio; recibe o tratamento de Alteza Real.
Antepasados [editar]
Ana de Orleans é filla da súa Alteza Real o Príncipe Henrique de Orleans, Conde de París e pretendente orleanista á coroa francesa, e da súa esposa, a súa Alteza Imperial e Real a Princesa brasileira Isabel de Orleáns-Bragança e Dobrzensky, Princesa de Orleans-Bragança. Por vía paterna, é neta do Príncipe Xoán de Orleans, Duque de Guisa, e da Princesa francesa Isabel de Orleans-Bragança, mentres que, por vía materna, o era da súa Alteza Imperial e Real Pedro de Alcántara de Orleans-Bragança, Príncipe de Grão-Pará, e da condesa checa Elisabet Marie Adelaide Dobrzenska de Dobrzenicz.
Matrimonio e fillos [editar]
Os duques de Calabria coñecéronse durante a voda dos futuros reis de España, en 1962, en Atenas. Por entón, Ana de Orleans era dama de honra da Princesa Sofía de Grecia e Dinamarca mentres que don Carlos era compañeiro de estudos do que sería despois Xoán Carlos I.
O 12 de maio de 1965 na capela Real de Dreux, a princesa Ana casou con don Carlos de Borbón-Dúas Sicilias, fillo do Infante Afonso de Borbón-Dúas Sicilias e Borbón e da Princesa Alicia de Borbón-Parma. Actualmente, don Carlos goza do título de Infante de España por concesión do seu curmán, o rei Xoán Carlos I. A parella, establecida en Madrid, ten cinco fillos:
- Cristina de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, Grande de España, n. 1966, casada con Pedro López-Quesada y Fernández-Urrutia e nai de dous fillos, Victoria e Pedro.
- María de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, Grande de España, n. 1967, casada co Arquiduque Simeón de Austria, e nai de tres fillos (Juan, Luis e Felipe) e de dúas fillas (Isabel e Carlota).
- Pedro de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, Grande de España, duque de Noto, n. 1968, casado con Sofía Landaluce y Melgarejo e pai de seis fillos: Jaime, Juan, Pablo, Pedro, Sofía, e Blanca.
- Inés de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, Grande de España, n. 1971, casada con Michele Carelli Palombi dei Marchesi di Raiano, e nai de dúas fillas, Teresa e Blanca.
- Victoria de Borbón-Dúas Sicilias e Orleans, Grande de España, n. 1976, casada co grego Markos Nomikos e nai de tres fillos, Anastasios, Carlos e Ana.
Ascendencia [editar]
| Predecesor: Alicia de Borbón-Parma |
Duquesa consorte de Calabria 1965 - |
Sucesor: No cargo |