Ana Leopoldovna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato da Princesa Anna, nai do Emperador Ivan VI por Louis Caravaque.

Ana Leopoldovna (А́нна Леопо́льдовна), tamén coñecida como Anna Karlovna (А́нна Ка́рловна), nada en 1718 e finada o 18 de marzo 1746, foi rexente da Rusia por algúns meses (1740 - 1741) durante a infancia do seu fillo bebé Iván, era a filla de Catarina (irmá da Emperatriz Ana) e de Carlos Leopold, o duque de Mecklenburg-Schwerin.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1739 casou con Antonio Ulrich (1714 - 1776), fillo de Fernando Alberto, duque de Brunswick-Wolfenbüttel. A 5 de outubro de 1740 a emperatriz Ana adoptou como o seu fillo o recentemente nado Iván e proclamou herdeiro ao trono ruso. Algúns días logo desta proclamación a emperatriz faleceu (28 de outubro 1740), deixando instrucións acerca da sucesión, e designando o seu favorito Ernst Biron, duque de Courland, como rexente. Biron, con todo, fíxose nunha persoa detestada polo pobo ruso, e Ana Leopoldovna tivo pouca dificultade a destrona-lo (8 de novembro de 1740). Asumiu entón a rexencia, e tomou o título de Gran Duquesa, pero sabendo pouco do carácter da xente con quen ela tería que lidar, e aínda menos das convencións e da política de goberno ruso, acabando por levar rapidamente a querelas cos seus partidarios principais.

A decembro de 1741, a filla de Pedro o grande, que polos seus hábitos rusos era a favorita dos soldados, incitou os gardas a revoltárense e, logo de superar unha débil oposición, ascendeu ao trono como Emperatriz Isabel.

O réxime vitorioso, aprisionou de entrada a familia na fortaleza de Dünamünde preto de Riga, acabando posteriormente polos exiliar para Kholmogory, a norte do Río Dvina. Ana eventualmente morreu a 18 de marzo de 1746 durante o parto. O seu fillo Ivan VI foi asasinado en Shlisselburg a 16 de xullo de 1764, mentres o seu marido Antonio Ulrich faleceu en Kholmogory a 19 de marzo de 1776. Os seus demais catro fillos foron liberados da prisión en 1780 e foron vivir para a Xutlandia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ana Leopoldovna


 
Soberanos da Rusia preimperial
Coat of Arms of Moscow.png
Iván o Terrible | Simeón Bekbulatovich (O Tsar falso) | Teodoro I | Boris Godunov | Teodoro II | Demetrio II | Basilio IV | Ladislao IV | Miguel III | Alexis I | Teodoro III | Sofía Alexeiievna | Iván V (Soberano con Pedro o Grande)
 
Tsares da Rusia Imperial
Romanov Flag.svg
Pedro I | Catarina I | Pedro II | Ana Ivanovna | Iván VI | Sabela I | Pedro III | Catarina II | Paulo I | Alexandre I | Nicolao I | Alexandre II | Alexandre III | Nicolao II