Ana Drago

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Ana Isabel Drago Lobato, nada en Vila Real de Santo António o 28 de agosto de 1975, é unha socióloga e política portuguesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse na Universidade de Coimbra. De estudante, colaborou en diversas actividades asociativas da Asociación Académica de Coimbra, onde foi xornalista do Jornal Universitário e da Rádio Universidade de Coimbra.

É Deputada na Assembleia da República electa polo Bloco de Esquerda.

Foi coautora do programa televisivo Conversa Privada xuntamente con Daniel Sampaio.

Obras publicadas[editar | editar a fonte]

  • "Agitar Antes de Ousar: O Movimento Estudantil Anti-Propinas", 2003, Edições Afrontamento, Porto

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]