An Srath Mòr

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista do val dende o seu extremo norte, nas abas iniciais do Beinn Hòb.

An Srath Mòr ou Strathmore (en inglés) é un srath (val aberto e plano) de Escocia.

Localización[editar | editar a fonte]

É un val da Escocia setentrional, no antigo condado de Sutherland, e agora integrado na área municipal da Terra Alta. Esténdese de sur a norte (dos 58º35' aos 58º41' N) sen apenas variación na súa lonxitude (4º64' a 4º65' W). Fórmao o río homónimo, qe ten unha lonxitude duns 15 kms, e como todos os sraths, caracterízase por unha parte final moi aberta e cha, formada pola ampla separación entre as montañas. Ao leste do An Srath Mòr atópase o Beinn Hòb, que deita as súas abas no remate do val. O val termina no lago Hòb.

Cultura e turismo[editar | editar a fonte]

É un val practicamente despoboado, onde só existen unhas poucas granxas illadas. Fundamentalmente é coñecido por ser o lugar de nacencia de Rob Donn, un poeta en gaélico escocés do século XVIII, e por partir de aquí a rota de ascensión ao Beinn Hòb.