An Inspector Calls

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

An Inspector Calls é unha obra de teatro escrita por John Boynton Priestley en 1946. Encádrase dentro do xénero do suspense e está dividida en tres actos.

Trama[editar | editar a fonte]

Aviso: Esta sección pode revelar detalles da trama e/ou do argumento.

A obra comeza cunha cea na casa da familia Birling. Está a celebrarse o compromiso entre Sheila, a filla do señor e señora Birling, e Gerald Croft. Sorprendentemente aparece o Inspector Goole. Empeza dicindo que unha moza se suicidou cun desinfectante. Co transcorrer da obra, descóbrese que todos os integrantes da familia (mesmo o mozo) tiveron algunha relación con esa moza que ía cambiando o nome. Foi empregada do Sr. Birling e foi despedida, Sheila fíxoa botar por bobadas, Gerald tivo unha relación como amante, a Sra. Birling non a quixo axudar cando foi a pedir axuda a un fogar de mulleres (lugar onde axudaba a Sra. Birling) e o fillo que esperaba a moza era de Eric, fillo da familia. Vaise o inspector e danse de conta que non existe ningún Inspector Goole e que ningunha moza morreu na enfermaría. Pero cando parecía que todo era unha broma ou o home era un tolo, soa o teléfono e, cando atende o Sr. Birling comunícanlle que morreu unha moza por tomar desinfectante e que un inspector de policía irá á súa casa para interrogalos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Priestley, J. B. (1947). An Inspector Calls: A Play in Three Acts (First edition ed.). London: Heinemann.