Amway Arena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Amway Arena
TDWaterhouseCentre.jpg
Flag of the United States.svg O-Rena
Datos
Localización Flag of Florida.svg Orlando, Florida
Outros nomes Orlando Arena (1989-2000)
TD Waterhouse Centre (2000-2006)
The Arena in Orlando (2006)
Construción
Inauguración 29 de xaneiro de 1989
Arquitecto Lloyd Jones Philpot
Custo $110 millóns USD
Estadio
Capacidade Baloncesto: 17.519
Hóckey sobre xeo: 18.118
Propietario L.A. Arena Company
Anschutz Entertainment Group
Localía Orlando Magic (NBA) (1989–2010)
Orlando Titans (NLL) (2010)
Orlando Predators (AFL) (1991–2008, 2010)
Orlando Sharks (MISL) (2007–2008)
Orlando Miracle (WNBA) (1999–2002)
Orlando Solar Bears (IHL) (1995–2001)
Orlando Seals (ACHL/WHA2) (2002–2004)
Eventos

O Amway Arena (antigamente coñecido como Orlando Arena, TD Waterhouse Centre e The Arena in Orlando, e coloquialmente coñecido como O-Rena) é un pavillón de Orlando (Florida) que actualmente está en desuso. Foi parte do Orlando Centroplex, un complexo deportivo e de entretemento situado no centro da cidade. O Amway Arena foi o fogar de Orlando Magic da NBA ata o ano 2010, cando pasaron a xogar no Amway Center.

Historia[editar | editar a fonte]

Interior do Amway Arena.

TD Waterhouse, unha división da compañía canadense Toronto Dominion, comprou os dereitos de nome do Orlando Arena en 1999 e renombró ao pavillón a TD Waterhouse Centre. Eses dereitos expiraron o 30 de novembro de 2006, e TD Ameritrade, que comprara TD Waterhouse, decidiu non renovar o contrato. O pavillón foi brevemente coñecido como "The Arena in Orlando" ata que se asinou un novo contrato, nun período de aproximadamente unha semana. O 7 de decembro de 2006, anunciouse que Amway convertíase no novo patrocinador, renombrando o pavillón a Amway Arena. Amway pagará 1.5 millóns de dólares en catro anos; 375.000 dólares por ano. Amway terá, ademais, unha opción exclusiva de negociar polos dereitos de nome do novo pavillón que van ha construír os Magic. Richard DeVos, propietario do equipo, é o fundador de Amway.

O alcume que recibe o pavillón cando xogan os Predators é "The Jungle". Durante a tempada 2005-2006 do AFL, o complexo foi coñecido como Hummer Field at TD Waterhouse Centre. O Amway Area foi tamén o fogar de Orlando Solar Bears da International Hockey League ata o ano 2001. Completado en 1989 cun custo de 98 millóns de dólares (completamente financiado publicamente), no pavillón danse cabida 17.248 espectadores para os partidos de baloncesto, ademais de contar con 26 suites de luxo. Os dereitos de nome foron vendidos en 2000 a TD Waterhouse por 7.8 millóns de dólares por cinco anos. Tamén é usado para eventos de lecer, particularmente concertos de rock.

En 1990, o torneo masculino de baloncesto da Southeastern Conference foi albergado neste pavillón, do mesmo xeito que o WWF Royal Rumble o mesmo ano. As primeiras roldas do torneo da NCAA xogáronse aquí a principios e mediados dos 90. En 1991, foi votado o "Mellor Pavillón do Ano" pola Revista Performance. Tamén foi nomeado ao mellor pavillón para concertos pola Pollstar Concert Industry Awards. O 9 de febreiro de 1992, albergou o All-Star Game da NBA, e durante a tempada 1993-94 da NHL, Tampa Bay Lightning xogou cinco dos seus partidos en casa aquí.

O primeiro e segundo partido das Finais da NBA de 1995 realizáronse neste complexo, do mesmo xeito que as Finais da IHL en 1996, 1999 e 2001, cando os Solar Bears gañaron a Turner Cup na última tempada da IHL. En 2004, Orlando foi elixida como unha do cinco cidades que albergarán o Dew Action Sports Tour, unha nova franquía de deportes extremos que comezou a entrar en funcionamento en 2005. Titulado PlayStation Prol, o evento foi no TD Waterhouse Centre do 12 ao 16 de outubro. O 22 de agosto de 2004, a cidade de Orlando expulsou a Orlando Seals, un equipo de hockey sobre xeo de ligas menores, do TD Waterhouse Centre. En cambio, Orlando Sharks da Major Indoor Soccer League, comezará a xogar os seus partidos de local neste pavillón proximamente.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]