Amparo Baró

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Amparo Baró, nada en Barcelona o 21 de setembro de 1937, é unha actriz catalá.

Índice

Biografía [editar]

Nacida en 1937 en Barcelona, Baró comezou no teatro da man de Adolfo Marsillach. A pesar da súa grande experiencia como actriz, a popularidade e o recoñecemento por parte do gran público chegaríanlle da man do seu personaxe de Sole Jimeno na serie de televisión Siete Vidas de Telecinco, papel que interpretou durante máis de 7 anos entre 1999 e 2006 con grande éxito.

Premios [editar]

  • Premio Ercilla de Teatro en 1996,
  • Premio Asociación Independiente de Teatro de Alicante á mellor actriz 1983-84,
  • Medalla de Ouro do Espectador e da Crítica á mellor actriz en 1983,
  • Premio Círculo de Escritores Cinematográficos en 1979,
  • Premio Miguel Mihura da SGAE en 1967
  • Antena de Oro á mellor actriz en 1962,
  • Gañadora do Premio da ATV á mellor actriz de televisión por 7 vidas nos anos 2000, 2001, 2003 y 2004.
  • Gañadora do Premio á mellor actriz da Unión de Actores en 2003 e 2004 por Siete vidas. Foi nominada tamén a mellor actriz secundaria no ano 2000.
  • Gañadora do Premio TP de Ouro á mellor actriz por Siete Vidas no ano 2005 e nominada como mellor actriz nos anos 2002, 2003 e 2004.

Filmografía [editar]

Cine [editar]

Teatro [editar]

  • Ondina,
  • El sombrero de copa,
  • Frankie y la boda,
  • Los buenos días perdidos
  • Leticia y los peces rojos.
  • Destino Broadway (1995)
  • La opinión de Amy.

Televisión [editar]